DEPORTES
O Concello entrega os trofeos á deportividade aos Clubes de fútbol
O Clube Noyamóvil Atlético Fátima B (2ª categoría rexional), o Clube Rúanova (3ª categoría rexional), o Club Compañía de María (categoría xuvenil) e o Clube I.B. Rosalía de Castro (categoría cadete) recibiron de mans do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, os trofeos á deportividade dos clubes de fútbol, que anualmente concede o Concello.
PLENO MUNICIPAL
O regulamento do Mercado de Gando vai a pleno
O pleno municipal do xoves 26 aprobará inicialmente o regulamento do Mercado de Gando de Santiago.
BENESTAR SOCIAL
A campaña "Sácalle punta, participa" promove o voluntariado nos centros de ensino
Alumnos de bacharelo dos institutos de ensino secundario, centros privados de ensino secundario e centros de formación profesional participarán na campaña de promoción do voluntariado "Sácalle punta, participa" que organiza a Concellería de Benestar Social a iniciativa da Comisión de Voluntariado do Consello Municipal de Servizos Sociais.
TURISMO
As cidades Patrimonio da Humanidade de España asinan convenios de colaboración con Turespaña e coas Fundación Nelson Mandela
O concelleiro de Turismo do Concello Santiago de Compostela, Francisco Candela, participou xoves 26 de xaneiro na sinatura de sendos convenios do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España
con Turespaña, para a súa promoción conxunta no exterior en 2006, e coa Fundación Nelson Mandela, en apoio aos seus proxectos solidarios. Estes convenios foron asinados no marco da Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se celebra.../a>
EDUCACIÓN E MOCIDADE
O VII Foro de ONGs desenvolverase o sábado 28 de xaneiro
Perto de 25 ONGs participarán no VII Foro das ONGs que terá lugar o sábado, 28 de xaneiro, en Área Central organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, xunto coa Coordinadora Galega de ONGs e outros colectivos.
O programa do Foro foi presentado pola Concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o secretario da Coordenadora Galega de ONGs, Fidel Martín.
O Foro desenvólvese coincidindo coa celebración do Día Mundial pola Paz, o luns 30 de...
DEPORTES
A cidade felicita ao Lobelle
O equipo campión da Copa, o Autos Lobelle de Santiago, foi recibido por unhas dúas mil persoas na Praza do Obradoiro que quixeron compartir co seu equipo o título recén acadado.
CULTURA
O célebre director británico Robert King dirixirá a Real Filharmonía de Galicia
Robert King dirixe á Real Filharmonía de Galicia no próximo concerto programado o venres, 27 de xaneiro, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia. O programa inclúe obras de Haendel, Geminiani e Rameau
INFRAESTRUCTURAS
A substitución da tubería de abastecemento de auga en Meixonfrío avanza a bó ritmo
As obras de substitución da tubería de abastecemento de auga en Meixonfrío, inicadas por vía do emerxencia o 19 de xaneiro, continúan desenvolvéndose segundo as previsións iniciais, estando previsto que rematen no prazo incialmente previsto duns quince días, segundo confirmou o concelleiro de Infraestructuras, Bernardino Rama.
EDUCACIÓN
Sánchez Bugallo inaugura en Área Central a exposición "As portas do milenio"
Ata o 18 de febreiro poderase visitar en Área Central a exposición "As portas do milenio" inaugurada polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, o mércores 25 de xaneiro. No acto participaron a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos; o xerente do centro comercial Área Central, Juan Carlos Losada; o coordenador de Cruz Vermella en Santiago, Fidel Martín, e o presidente de Unicef-SAntiago, Andrés Fariña.
TURISMO
Compostela presenta en FITUR un sistema pioneiro de asistencia turística en móbiles
No primeiro día de actividades profesionais na Feira Internacional de Turismo (FITUR) que se desenvolve en Madrid, a Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual da Xunta de Galicia e Turismo de Santiago presentaron o ‘Sistema Móbil de Información Turística’, SMIT, un proxecto pioneiro que, desde o mesfebreiro, permitirá aos visitantes de Santiago recibir asistencia turística nos seus propios teléfonos móbiles.