URBANISMO
O Concello recibirá 6,4 millóns de euros e un bloque de vivendas sociais pola cesión de terreos no novo polígono das Cancelas
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vén de asinar un convenio de colaboración co representante da empresa Nasozena, S.L, Juan Carlos Rodríguez Cebrián. O texto asinado en Raxoi establece a concreción do aproveitamento municipal no proxecto de compensación do SUNP-4 (Camiño Francés). En virtude do mesmo, o Concello percibirá case 6,4 millóns de euros e un bloque de vivendas colectivas protexidas.
SEGURIDADE CIDADÁ
Santiago segue a diminuír os seus índices de delincuencia
"Non creo que sexa motivo para crear alarma social". Así se pronunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito das roturas dos vidros de cinco escaparates nos últimos días. Indicou que iso non ten que ver cun incremento da delincuencia na cidade, xa que as cifras dos últimos meses, xaneiro incluído, afirman o contrario.
EDUCACIÓN
Uns 1.000 alumnos de secundaria participarán nunha nova edición do Programa de educación afectivo sexual
Ponse en marcha a cuarta edición do Programa de educación afectivo sexual. Baixo o lema desta edición, "Sexibilízate", pretende instaurar este tipo de contidos no sistema educativo dun xeito integral. Ata o mes de abril, participarán uns 1.000 alumnos de 2º, 3º e 4º da ESO.
ALCALDÍA
O número de inverno da revista de información municipal analiza Compostela como destino turístico e empresarial
Os cidadáns de Compostela van comezar a recibir nas súas casas un novo número da publicación de información municipal do Concello de Santiago. Nesta ocasión analízase en profundidade o papel da cidade como destino turístico e de creación de solo empresarial.
LIMPEZA E SEGURIDADE
A Policía local identifica a once persoas por orinar na vía pública
O primeiro xoves de movida trala entrada en vigor da Ordenanza de convivencia, residuos e limpeza viaria, o luns 19 de febreiro, saldouse con once persoas identificadas por orinar na vía pública.
MERCAGALICIA
Mercagalicia aproba as contas de 2006
O Consello de Administración de Mercagalicia, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou as contas do exercicio de 2006, durante o cal os ingresos globais ascenderon a 630.704 euros e se gastaron 531.421 euros, co que quedan 99.283 euros de beneficio. Os ingresos supoñen un 18,60% de incremento sobre os obtidos no 2005, mentres que os gastos son o 15,60% superior aos dese mesmo ano.