MEDIO AMBIENTE
O Concello asina un convenio de colaboración con SOGAMA
A reparación do vial de acceso e a construcción dunha aula medioambiental na planta de transferencia de Enfesta son os puntos principais do acordo. Ademais, a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel investirá 1.404.687 euros na obra do selado e rexeneración do vertedoiro de Piñor.
REAL FILHARMONÍA
Concerto monográfico do compositor Robert Schumann
A Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, e dirixida polo mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Robert Schumann, Manfred, op. 115 (Obertura); Concerto para violoncello en la menor, op. 129 e a Sinfonía nº 3 en Mib maior, op. 97 "Renana" .
TURISMO
Compostela presenta en Berlín e París as súas novidades turísticas
Turismo de Santiago participa entre o 8 e 12 de marzo na maior convocatoria europea de turismo, a Internationale Tourismus Börse (ITB) de Berlín, e súmase tamén un ano máis ás actividades do Día de España en París o próximo martes 14.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Continúa o ciclo de concertos didácticos de música tradicional
O mércores 8 de marzo retómase o programa de concertos didácticos de música tradicional que ten lugar nos propios centros escolares.