PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Xornadas Técnicas sobre programas experimentais de emprego
A Concellería de Promoción Económica e Emprego organiza a xornada "Novas prácticas na intermediación pública polo emprego", dirixida a persoas vinculadas coa inserción laboral, que se celebrará o 6 de abril en Santiago de Compostela.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán entrega das propostas sobre a Cidade da Cultura
Tanto o presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño, como a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, recibiron de mans do alcalde compostelán as propostas sobre o futuro do proxecto do Gaiás ás que chegaron o grupo de expertos reunido os pasados 24 e 25 de febreiro.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
"Culturas para compartir" Xitanos hoxe
A Fundación Secretariado Xitano e o Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago desenvolven o programa "Culturas para compartir: Xitanos hoxe" entre marzo e abril. O programa abrangue dúas propostas: unha exposición didáctica para centros de ensino de primaria e secundaria e un curso de formación para profesorado.