CULTURA
A obra Historia de una vida chega ao Teatro Principal
O Teatro Principal acollerá, o sábado 4 e o domingo 5 ás 21.00 horas, a representación da obra "Historia de una vida" de Donald Margulies que será interpretada polas actrices Luísa Martín e Isabel Aboy.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Igor Pereda expón no centro sociocultural da Trisca a mostra "Toco Madera"
O Centro sociocultural da Trisca (rúa Corredoira das Fraguas, nº 92) abre o venres 3 de marzo a exposición "Toco Madera", de Igor Pereda que permanecerá ata o 31 de marzo neste centro.
MULLER
Un percorrido pola historia do movemento feminista
A exposición "Seneca Falls: Un século e medio de movemento internacional das mulleres e o sufraxio femenino en España" poderase visitar na sede da Fundación Eugenio Granell ata o venres 31 de marzo.
ALCALDÍA
Os Príncipes de Asturias inauguran en Compostela o V Congreso de Cooperativismo Agrario
"Compartindo Oportunidades" é o lema do V Congreso de Cooperativismo Agrario que foi inaugurado polos Príncipes de Asturias, o xoves 2 de marzo, e que se celebrará no Palacio de Congresos de Santiago, ata o venres 3.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Entran en funcionamento os locais de ensaio para grupos musicais
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos López, o director xeral de Xuventude, Rubén Cela, participaron, xunto aos concelleiros Néstor Rego e Adelaida Negreita, no acto de inaugurarán os novos locais de ensaio para grupos de música que o Concello pon a disposición dos músicos no Estadio Municipal de San Lázaro.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Teresa Regúlez visita a colectividade compostelá en Arxentina
A concelleira de Emigración e Inmigración do concello de Santiago de Compostela, Teresa Regúlez, mantivo o mércores 1 de marzo un encontro coa fundación arxentina "Españoles en el Mundo", en Buenos Aires. No encontro falouse da sinatura dun convenio que se materializará durante a visita que o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ten previsto realizar nos vindeiros meses de abril ou maio.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Comeza unha nova edición dos concertos didácticos de música tradicional
O venres 3 de marzo comeza o programa de concertos didácticos de música tradicional que terán lugar en diferentes centros escolares da cidade promovido polo departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.