ALCALDÍA
O presidente da República de Eslovenia visita o Concello
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu hoxe, venres 10, ao presidente da República de Eslovenia, Janez Drnovsek, na Casa do Concello de Santiago.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Entréganse os premios de poesía e relato convocados pola Rede de Centros Socioculturais
Yolanda López e Antón Labranha foron os gañadores dos premios "Aurelio Aguirre" e "José Saramago", respectivamente, dotados con 300 euros cada un.
REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
Santiago será modelo de rehabilitación urbana en Buenos Aires
Representantes municipais acompañarán ao presidente da Xunta para amosar a transformación da cidade nos últimos vinte anos.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán asiste ao VII Congreso de Unións Agrarias
Baixo o lema "Pola dignificación do noso traballo. Prezos para os nosos produtos", inaugurábase o venres 10 de marzo o VII Congreso de Unións Agrarias.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Programa de educación afectivo-sexual para mozos composteláns
O Departamento de Educación e Mocidade do concello de Santiago de Compostela ven promovendo dende hai anos un programa de educación afectivo-sexual dirixido aos mozos e mozas de Santiago coa intención de instaurar estes contidos no sistema educativo de xeito integral. Para a posta en marcha deste programa cóntase coa colaboración de Xeneme- Intervención Social.