AUDITORIO DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu décimo aniversario
A Real Filharmonía de Galicia (RFG) celebrará, o venres 3 de marzo no Auditorio de Galicia, a súa primeira década de vida cun concerto no que se interpretarán o Saturnal de M. Balboa e a Obertura Egmont de Beethoven, baixo as batutas do seu director titular Ros Marbà e de Maximino Zumalave, director convidado.
FESTAS
O Antroido chega ao seu fin coa queima do Meco
O Antroido chega ao seu fin coa tradicional queima do Meco que terá lugar, o mércores 1 de marzo, na Praza Roxa.
AUDITORIO DE GALICIA
A Real Filharmonía de Galicia celebra o seu X aniversario cun concerto especial o venres, 3 de marzo
O venres 3 de marzo o Auditorio de Galicia abrirá as súas portas para acoller ao milleiro de persoas que asistirán á celebración do décimo aniversario da Real Filharmonía de Galicia (RFG).
Os asistentes ao acto escoitarán a interpretación do Saturnal de M. Balboa e a Obertura Egmont de Beethoven, baixo as batutas do seu director titular Antoni Ros Marbà e de Maximino Zumalave, director convidado.
CULTURA
Unha ampla e diversa programación cultural para o mes de marzo
"A programación cultural para o mes de marzo é ampla e diversa para responder a diferentes demandas dos cidadáns". Así cualificaba o concelleiro de Cultura do Concello de Santiago, Néstor Rego, a programación cultural prevista para este mes de marzo na cidade.