REHABILITACIÓN E CASCO HISTÓRICO
O Concello terá maior protagonismo nas actuacións de recuperación do Casco Histórico
Mellorar as actuacións de recuperación do Casco Histórico é o principal obxectivo do protocolo de colaboración asinado polo o alcalde de Santiago e Presidente do Consorcio, X. Sánchez Bugallo, e o xerente deste último órgano, X.M. Villanueva Prieto.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
A concelleira de Emigración e Inmigración viaxa a Montevideo
Nas súas primeiras xornada de actividade institucional en Montevideo, Teresa Regúlez visitou a residencia de anciáns Fogar Español, e mantivo unha reunión con autoridades do Patronato da Cultura Galega.
AUDITORIO DE GALICIA
Juanjo Mena ao fronte da Real Filharmonía de Galicia no concerto do xoves, 23 de febreiro
Juanjo Mena dirixe á Real Filharmonía de Galicia
e ao pianista Christopher Hinterhuber no concerto do xoves, 23 de febreiro. O concerto comezará ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia
ALCALDÍA
A nova estación intermodal de Renfe perfila o seu proxecto
O proxecto da futura Ordenación Funcional da Estación de Ferrocarril de Santiago de Compostela contempla a entrada do AVE na capital de Galicia, a incorporación da Estación de Autobuses, a nova Estación Intermodal, o intercambiador de transportes, e zona e aparcamentos con capacidade para 2.000 prazas, así como a ordenación doutros usos que permitan axudar a financiar o proxecto.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Fest@ctiva, unha alternativa de ocio para o xóvenes de Compostela.
Os mozos e mozas de Compostela poderán disfrutar dun programa de ocio alternativo, Fest@ctiva 2006, durante os xoves e venres do 9 ao 17 de marzo e o venres 24 de marzo.