AUDITORIO DE GALICIA
O Auditorio de Galicia acollerá a exposición Isabel Muñoz
Dende o sábado 11 de febreiro e ata o 16 de abril o Auditorio de Galicia acollerá a exposición Isabel Muñoz. A inauguración, que contará coa presenza do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, terá lugar o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 13.30 horas.
ALCALDÍA
O Centro Galego de Arte Contemporáneo presenta en Sofía a mostra "Destino: Santiago"
O alcalde de Santiago, Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Turismo, Francisco Candela, asisten en Sofía á inauguración dunha nova sede doInstituto Cervantes na capital búlgara.
O acto, celebrado o venres 10 de febreiro, foi presidido polos Príncipes de Asturias e polo presidente da República de Bulgaria, Georgi Parvanov.
TRANSPORTE PÚBLICO
O plan de transporte comarcal achegará melloras do servizo
O Concello de Santiago someterá á aprobación do Pleno municipal o xoves 16 de febreiro o convenio para o desenvolvemento do transporte metropolitano na área de Compostela. A posta en funcionamento do transporte metropolitano comarcal, que implicará novidosas melloras para o usuario, podería completarse antes do verán.