MEDIO AMBIENTE E EDUCACIÓN
Un novo programa conciencia aos escolares sobre recollida selectiva de papel e cartón
O Concello de Santiago de Compostela, dende as concellarías de Medio Ambiente e de Educación, pon en marcha un programa de implantación do servizo de recollida selectiva de papel e cartón en centros educativos do termo municipal de Santiago de Compostela. Este servizo, gratuíto para os centros, será realizado por persoal de COREGAL e terá lugar no presente curso escolar 2006-2007.
BENESTAR SOCIAL
Compostela forma futuros voluntarios
Na véspera da celebración do Día do Voluntariado, a Comisión de Voluntariado do Consello Municipal de Servizos Sociais pon en marcha a ampliación da campaña "Sácalle Punta". Esta campaña pretende promover a acción social entre os mozos e mozas de Santiago.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
O intendente de Bos Aires trasmítelle á concelleira de Emigración o desexo de irmandarse con Santiago
A Concelleira de Emigración e Inmigración do Concello de Santiago, Teresa Regúlez, reuniuse esta mañá na Casa do Concello, co delegado para Arxentina e América do Consello da Galeguidade, Santos Gastón Juan.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Santiago busca novos compradores
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, e o director-xerente da Sociedade de Imaxe e Promoción Turística de Galica, Turgalicia, Xesús Pereira, asinaron o convenio para o desenvolvemento da campaña Compostela Capital de Compras, co obxeto de convertir á cidade nun referente comercial da euro-rexión Galicia-Norte de Portugal.
TRÁFICO
Corte de tráfico na Rúa Xeneral Pardiñas por mor dunha avaría na rede de saneamento
A rúa Xerneral Pardiñas permanecerá cortada ao tráfico ata o luns 11 de decembro por mor dunha avaría na rede de saneamento. Mentres duren as obras estará pechado o tramo entre as rúas República Arxentina e República do Salvador. Neste período unicamente quedará permitido o o acceso dos residentes aos garaxes e de vehículos autorizados.
INVESTIMENTOS
Novos investimentos para Compostela
O voceiro do Goberno e deputado provincial, Francisco Candela, anunciou os investimentos para Santiago previstos nos orzamentos da Deputación da Coruña PARA 2007. O órgano provincial destinará a Santiago 1.260.000 euros en subvencións nomitativas, ademais de executar outra serie de proxectos de infraestruturas, deportes ou sociais.
CONSUMO
A OMIC realiza unha campaña informativa sobre a vivenda
A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC) pon en marcha unha campaña informativa dedicada á vivenda, abarcando o aluguer, a compra e as comunidades de propietarios. Farase a través da edición dunha guía das que se distribuirán 5.000 exemplares.
TURISMO
Máis dun millón de euros para o Plano de Competitividade Turística de Santiago de Compostela
A Xunta de Goberno local deu conta da sinatura dun convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e o Concello de Santiago para o desenvolvemento do Plano de Competitividade Turística de Santiago de Compostela. . En concreto, para o período 2006-2007 establécese un investimento total de 1.100.000 euros, dos que 500.000 están asignados ao presente ano e 600.000 a 2007.
DEPORTES
Pista de xeo en Salgueiriños e xogos en Sar para o Nadal
Unha pista de xeo en Salgueiriños e unha nova edición de Nadalxogo no Multiusos de Sar serán a principal atracción para as datas do Nadal en Compostela.