EIXO ATLÁNTICO
Bugallo presidirá a xuntanza da Fundación Galicia Norte de Portugal
Na súa condición de Presidente do Eixo Atlántico o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, presidirá o luns 30 de xaneiro a xuntanza do Padroado da Fundación Centro de Estudios Eurorrexionais Galicia-Norte de Portugal.
ALCALDÍA
Visita institucional da República árabe saharaui
O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu no Pazo de Raxoi a a unha delegación saharaui encabezada polo gobernador da provincia de Dajla na República árabe saharaui, Salem Lebsir, e pola secretaria de Estado de asuntos sociais e da muller, Mahfuda Rahal.
URBANISMO
O Castiñeiriño acollerá 1.846 novas vivendas
Segundo anunciou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, coa aprobación no Pleno ordinario do xoves 26 de xaneiro, de dúas das cinco áreas urbanas que se desenvolven no Castiñeiriño, o barrio cambiará de imaxe definitivamente. Unha transformación que quedará completada entre o presente ano e o vindeiro, coa creación de 1.846 novas vivendas en total.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
A escritora Teresa Moure dará lectura ao Manifesto pola paz no marco do VII Foro de ONGs
A escritora Teresa Moure dará lectura ao manifesto pla paz no marco do VII Foro de ONGs que se celebra o sábado 28 de xaneiro en Área Central.
Perto de 25 ONGs participarán nesta VII edición do Foro das ONGs, organizado polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago de Compostela, xunto coa Coordinadora Galega de ONGs e outros colectivos.