AUDITORIO DE GALICIA
García Asensio dirixe á Real Filharmonía Galega no último concerto de abono da temporada
O xoves 23 de xuño ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre Enrique García Asensio, interpretará as obras de Fernando Alonso (A Coruña, 1961), Sinfonietta en Fa; de Juan Vara (A Coruña, 1959), Aparición na distancia secreta e de Rogelio Groba (Ponteareas, 1930), Christmas Symphony.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo formaliza en Estrasburgo a invitación aos actos conmemorativos do Premio de Europa
O alcalde compostelán compareceu hoxe, mércores 22 de xuño, no pleno da Asemblea do Parlamento de Europa para convidar formalmente aos membros desta institución e aos alcaldes das cidades Premio de Europa aos actos de conmemoración do cincuenta aniversario da creación deste galardón, que se celebrará na capital galega os próximos días 1 e 2 de xullo.