Auditorio de Galicia
Ros Marbà dirixe zarzuela no Auditorio
O venres 17 de xuño ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia, auspiciada polo Consorcio de Santiago, baixo a dirección do mestre titular Antoni Ros Marbà, interpretará as obras de Ruperto Chapí, "La Revoltosa" e de Tomás Bretón, "La verbena de la Paloma".
ALCALDÍA
O alcalde recibe á embaixadora de Austria
A Casa do Concello acolleu a visita de Ulrike Tilly, embaixadora de Austria.
BENESTAR SOCIAL
A Casa das Asociacións dos Servizos Sociais estará rematada antes do fin de 2006
Unhas 66 asociacións que traballan a prol do benestar social terán a súa sede no novo edificio, que se ubicará en Salgueiriños, e que responde ao obxectivo de "unir todos os recursos que teñen para unha maior eficacia", segundo explicou a concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira.
OBRAS E INFRAESTRUTURAS
Novas obras para "a mellor mobilidade posíbel na cidade"
O concelleiro de Infraestruturas e Equipamentos, Bernardino Rama, presentou un novo paquete de obras que responde á accesibilidade do medio físico nas rúas e que, segundo explicou, pretenden acadar "a mellor mobilidade posíbel na cidade".