EDUCACIÓN E MOCIDADE
Entréganse os premios Vagalume 2005
Os gañadores dos premios Vagalume 2005, que recoñecen o traballo de colectivos e persoas individuais que desenvolven as súas actividades cunha clara vocación social, recibiron o mércores 21 de decembro o seu galardón de mans do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos.
ALCALDÍA
Unha delegación da cidade turca de Diyarbakir visita o Concello
Na Casa do Concello o alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a unha delegación de Diyarbakir, cidade de maioría kurda situada no sudeste de Turquía, encabezada polo seu alcalde, Abdullah Demirbas.
DEPORTES
Inaugúrase o polideportivo do Restollal
Santiago conta desde o xoves 22 cun novo polideportivo, situado entre a rúa Isidro Parga Pondal e a rúa de Emilio e de Manuel, no Restollal (Paxonal). O orzamento total do pavillón, ubicado nunha parcela de 2.100 metros e deseñado polo arquitecto Antonio Pena, é de 1.065.374 euros.
AUDITORIO DE GALICIA
Pablo Pérez Sanmartín é o gañador do Cuarto Premio Auditorio de Galicia Novos Artistas
Os accésits foron para Sara Sapeti, Rubén Santiago, Santi Jiménez e José Paz. A exposición das obras finalistas e gañadoras permanecerá aberta desde o 21 de decembro de 2005 até o 5 de febreiro de 2006 no Auditorio de Galicia. Poderase visitar todos os días de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h.
BENESTAR SOCIAL
O alcalde visita o mercadiño solidario da Praza de Abastos
Xunto á concelleira de Benestar Social, Adelaida Negreira, Sánchez Bugallo visitou na mañá do xoves 22 o mercadiño solidario promovido polas asociacións do Consello Municipal de Servizos Sociais.