OBRAS
Iníciase a contratación das obras de reforzo do firme na vía M-8-IV, en Grixoa
A Xunta de Goberno aprobou o inicio do expediente de contratación das obras de reforzo do firme na vía pública M-8-IV, en Vilar- Grixoa, cun tipo de licitación de 251.803 euros.
ZONA HISTÓRICA
Un estudo determinará os servizos a implantar grazas á rede Wimax no Casco Histórico
O Goberno local iniciou a contratación dunha asistencia técnica para a realización do Estudo de implantación de servizos baseados na utilización dunha rede Wimax no Casco Histórico de Santiago, por procedemento negociado sen publicidade, establecendo un tipo de licitación de 30.000 euros. Ademais, acordouse solicitar ao Consorcio a súa participación neste proxecto, cunha achega de 275.000 euros durante o presente 2007. Os restantes 275.000 euros que completan o financiamento corren a cargo do Ministerio de Industria.
ALCALDÍA
Recepción en Raxoi a UGT-Galicia
A UGT vai celebrar en Santiago o seu Comité Confederal o 28 de novembro. Con este motivo, o alcalde recibiu en Raxoi a unha representación de UGT-Galicia.
FESTAS
Preto de 2.000 persoas congregáronse na Quintana para desfrutar das Xornadas de Folclore Galego
As Festas do Apóstolo continúan o luns 16 cun programa pensado para todas as idades. Así, ás 18:00 horas comezará unha nova xornada de Ferradura Aberta na Alameda onde os nenos poden desfrutar de difrentes actividades lúdicas e educativas. Ás 20:30 horas terán lugar, como é habitual nestes días, as Noites na Alameda onde os que se acheguen ata alí poderán bailar aos sons da música caribeña, salsa, merengue, cumbia e asistir a clases de bailes. E ás 22:30 horas, no Toural, cita obrigada...
FESTAS
Oito grupos tradicionais do folclore galego inundarán cos seus sons e bailes a praza da Quintana
As Festas do Apóstolo 2007 arrincaron no Obradoiro coa lectura do pregón a cargo da actriz galega Isabel Blanco. A actriz, que estaba visiblemente emocionada por ser a pregoeira destas festas, amosou no seu discurso a admiración que sinte por Santiago de Compostela e un gran agarimo polas súas xentes. Tralo pregón, foi Soraya a encargada de animar ás 8.000 persoas que se congregaban no Obradoiro para bailar e cantar ao ritmo do último disco da cantante de Operación Triunfo, "Ochenta´s".
ALCALDÍA
Os ingresos polos usos residenciais e terciarios empregaranse integramente para financiar a construción da nova estación do AVE
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, anunciou que en poucos días estará redactado o texto que plasmará o principio de acordo ao que o Concello chegou coa Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), trala xuntanza mantida en Madrid o martes 10 de xullo. O acordo fixa, entre outros aspectos, que a totalidade do xerado polo aproveitamento urbanístico da operación se utilizará para financiar a construción da estación do AVE.
ALCALDÍA
A Universidade da Coruña entrégalle ao Concello de Santiago unha medalla conmemorativa de "Aulas no Camiño"
Os participantes no proxecto cultural e de investigación "Aulas do Camiño", organizado pola Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol), foron recibidos en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Alí entregáronlle unha medalla conmemorativa destes cursos en nome da institución académica herculina.
TURISMO
As pernoctacións do primeiro semestre de 2007 superan ás de todos os anos precedentes
As 389.641 noites de aloxamento facturadas polos hoteis composteláns no primeiro semestre do 2007 superan ás de todos os anos precedentes, sen excepción, dende o 2004. Isto supón unha media de ocupación hoteleira dun 46,74%. Así se desprende dos datos sobre este período presentados polo concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias.
CONSORCIO
A arquitectura contemporánea de Vorarlberg (Austria) exponse na igrexa de Santa María do Camiño
Vorarlberg é unha rexión austríaca na que destaca o gran número de construcións de arquitectura contemporánea que alberga. A expresión desta punteira e sostible arquitectura recóllese na mostra "Provocación construtiva", que estará aberta na igrexa de Sta. María do Camiño (rúa Travesa, 3) entre o 13 de xullo e o 13 de setembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os interesados na formación que oferta Compostela Activa poden escoller entre tres franxas horarias e nove cursos
A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo xa colgou na súa páxina web, www.maiscompostela.org, no microsite de Compostela Activa, a enquisa sobre a oferta formativa deste programa.