INCENDIOS
A cidade une as súas forzas contra o lume
O primeiro tenente de alcalde de Compostela, Néstor Rego, fixo unha valoración sobre o que cualificou como "a situación máis grave que ten vivido Santiago en relación aos incendios forestais". Rego asegurou que houbo unha magnífica reacción por parte do Concello desde o primeiro momento "poñendo todos os medios dispoñibles ao servizo do control e extinción dos lumes e despregando así un dispositivo que puido evitar que as consecuencias foran aínda máis dramáticas"
INFRAESTRUTURAS
A nova ponte sobre o río Bafín mellora a seguridade na estrada entre Santiago e Val do Dubra
A ponte sobre o río Bafín, na estrada provincial 7804, de Val do Dubra a Santiago, quedou inaugurada tras rematar recentemente as obras de construción desta nova infraestrutura, financiada pola Deputación da Coruña cun investimento de 564.515 euros.
TURISMO
CurtoCircuito na Rúa trae por primeira vez a Galicia a música e a videocreación de Dj Food e Vj Mox
O xoves 10 de agosto, ás 22:00 horas, na Praza da Quintana, Dj Food e Vj Mox amosarán as súas composicións audiovisuais e as súas últimas creacións ao público que se achegue á que é xa a cuarta sesión de CurtoCircuíto na Rúa.
ALCALDÍA
O alcalde compostelán asume de novo as súas funcións ante a situación creada polos incendios
Xosé A. Sánchez Bugallo asume de novo as súas funcións como alcalde ante a situación de emerxencia que está a vivir a cidade por mor dos incendios forestais. O rexedor compostelán decidiu interromper as súas vacacións para poñerse á fronte do dispositivo posto en marcha dende o Concello para responder a este problema.
TURISMO
Os hoteis composteláns rexistran en xullo un crecemento do 21% nas pernoctacións
O concelleiro de Turismo, Francisco Candela, sinalou que, tendo en conta a existencia de máis de 600 novas prazas de aloxamento, xullo do 2006 reportou aos hoteis de máxima categoría da cidade 12.980 noites de aloxamento máis que o ano pasado.
REHABILITACIÓN
As Marías xa locen as súas novas galas
Un dos símbolos de Compostela, a estatua das Marías na Alameda, xa loce o seu novo aspecto, tralo pintado realizado polo autor, César Lombera. Corelia e Maruxa Fandiño visten agora con cores vermellas, negras e brancas no seu novo traxe, a semellanza daqueles que usaban no seu tempo e que quedaron recollidos nalgunha fotografía. Ademais, unha placa explicará en breve a súa historia.
FACENDA
Expostos ao público o padrón do IBI
Dende o martes 8 de agosto están exposto ao público os padróns dos do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e do Imposto de Actividades Económicas (IAE) correspondentes ao período 2006. As listas poden consultarse na Oficina de Atención ao Contribuínte, ubicada na Rúa Presidente Salvador Allende nº 4-baixo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres.
INCENDIOS
O alcalde en funcións, Francisco Candela, chama á tranquilidade ante os incendios
Os responsables municipais e da Policía Local, Protección Civil, Bombeiros, Cruz Vermella mantiveron unha xuntanza esta mañá para abordar a situación que vive Santiago por mor dos incendios. Todos coinciden en sinalar que os operativos postos en marcha están funcionando con eficacia e segundo os protocolos previstos nestes casos. Estas reunións de coordinación terán carácter diario e manteranse ata que a situación se normalice nos montes de Santiago e comarca.
ALCALDÍA
Os máis pequenos toman o relevo en Raxoi
Os rapaces e rapazas do Centro Xuvenil Don Bosco tomaron o relevo aos membros da Corporación e realizaron un particular Pleno municipal en Raxoi. A actividade estaba incluída no campamento urbano que este complexo realiza do 31 de xullo ao 11 de agosto.
CULTURA
O circo trasládase ás rúas de Compostela
Rematado o Festiclown, continúa o espectáculo nas rúas e prazas de Compostela, convertidas na segunda metade do mes de agosto nun escenario de circo. Chega a terceira edición do Festival d’Gorra, con máis de 100 representacións a cargo de 26 compañías, 21 das cales son galegas.