ALCALDÍA
Convenio con Retevisión para solucionar os problemas de recepción nalgunhas partes da cidade
Perto de 7.000 composteláns serán beneficiarios directos e máis de 20.000 serán beneficiarios potenciais das melloras e da extensión da cobertura do servizo da rede de televisión no municipio de Compostela, gracias ao convenio de colaboración asinado o martes 8 de novembro, polo alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o director xeral de Retevisión, Tobías Martínez.
RELACIÓNS VECIÑAIS
As asociacións veciñais elixen os seus representantes para o Consello de Relacións Veciñais
A votación comezará o martes 8 de novembro ás 18.00 horas, logo da constitución media hora antes da mesa electoral. O proceso pecharase ás 22:00 h para proceder ao reconto e proclamación provisional dos resultados.
TRANSPORTES
Aprobadas as novas tarifas do transporte urbano para o 2006
O Consello de Administración de Tussa acordou o pasado 27 de outubro a modificación das tarifas do transporte urbano para o vindeiro ano. Así mesmo, a Xunta de Goberno Local aprobou o martes 8 a modificación destas tarifas.
BENESTAR SOCIAL E UMAD
Máis de 400 rapaces composteláns disfrutan da primeira sesión de Cinensino
A sede da obra social de Caixa Galicia (Carreira do Conde), acolleu a inauguración de Cinensino, nun acto ao que asistiu a concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela acolle a exposición "70 aniversario Monopoly"
Con motivo do setenta cumpreanos deste xogo xa convertido en clásico, o vindeiro 9 de novembro, no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite inaugurarase unha exposición que fai un percorrido pola historia, as anécdotas e as curiosidades do Monopoly, que na súa última edición ten unha casilla dedicada a Santiago de Compostela.
EIXO ATLÁNTICO
A Comisión Executiva do Eixo Atlántico reúnese no Concello para debatir o AVE Vigo-Porto
Ao día seguinte da reunión na Casa do Concello, o mércores 9, dos membros da comisión executiva do Eixo Atlántico, trasladarán ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, as súas inquedanzas arredor da liña do AVE Vigo-Porto.
MULLER
Comeza a campaña Unisex
Os alumnos da facultade de Dereito foron os primeiros en recibir os delantais que desde a campaña Unisex, posta en marcha pola Concellaría da Muller, se repartirán entre os estudantes da Universidade de Santiago de Compostela, para sensibilizalos na importancia dun cambio de actitude no reparto de tarefas domésticas.
REAL FILHARMONÍA
A Real Filharmonía estrea unha obra con orquestración de Juan Durán en Carballo
O venres 4 de novembro ás 19.30 horas no Pazo da Cultura de Carballo, dentro do ciclo de música clásica da Consellería de Cultura En Concerto, a Real Filharmonía de Galicia, baixo a dirección do mestre Maximino Zumalave, estreará unha obra orquestrada por Juan Durán. Ademais, renderá unha homenaxe á obra de Miguel de Cervantes Don Quixote da Mancha, interpretando obras de Telemann e de Falla.
Benestar Social e UMAD
Ponse en marcha a onceava edición do Cinensino
O programa de prevención de drogodependencias a través do cine posto en marcha pola UMAD cumpre once anos.
CULTURA
A Granell acolle unha mostra do pintor Vela Zanetti
A partir do venres 4 de novembro, unha nova mostra da Fundación Granell achegará a obra do pintor Vela Zanetti, xunto a unha pequena representación da traxectoria retratísica de Granell. Tamén se poderá ver un documental que amosa a afinidade nas súas traxectorias vitais. A mostra permanecerá aberta ata o 19 de decembro.