ALCALDÍA
Estudantes de posgrao mexicanos fórmanse en Santiago
Un grupo de nove alumnos mexicanos están formándose en Compostela no marco o do programa de posgrao que a Universidade de Anahuac de Xalapa (capital do Estado de Veracruz-México) e a Universidade de Santiago imparten conxuntamente. Todos eles, acompañados dunha profesora, foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
URBANISMO
Aprobado o proxecto de expropiación do SUNP-11 do Castiñeiriño
A aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto de expropiación, polo procedemento de taxación conxunta, do Plan de sectorización do SUNP-11 (Castiñeiriño) achega o inicio das obras neste solo, no que se construirán preto de 200 vivendas.
OBRAS
Os nenos disporán de vestiarios específicos nas piscinas de Sar
O Goberno local adxudicou as obras de reforma dos vestiarios nas piscinas exteriores do Multiusos Fontes do Sar, por importe de 178.035 euros. A obra, deseñada polo arquitecto Jorge Barata, será financiada polo Consorcio de Santiago.
TURISMO
Compostela quere ser o destino gastronómico do inverno
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, anunciou a posta en marcha do Plan de Desestacionalización Turística de Santiago, que este ano ten unha orientación eminentemente gastronómica.
ALCALDÍA
Galicia e Israel preparan un encontro empresarial
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao ministro de Asuntos Económicos e Comerciais de Israel, Amos Wohl. Este atópase de visita en Galicia co obxectivo de preparar o primeiro Encontro Empresarial de Galicia con Israel.
ALCALDÍA
"Amal" tende pontes entre a cultura árabe e Galicia a través de 47 filmes
O Festival de cine euro-árabe Amal 007 proxectará do 22 ao 31 de outubro un total de 47 filmes: trinta curtametraxes, nove longametraxes e e oito documentais. O evento chega así á súa quinta edición, confirmándose como o primeiro festival competitivo destas características en España.
TURISMO
"Cousas de Kulechov", de Susana Rey, faise co premio ao mellor filme galego en Curtocircuíto
O Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto pechouse cunha gala na que se entregaron os premios desta cuarta edición. O filme Cousas de Kulechov, de Susana Rey, fíxose co premio á mellor curta galega.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Dez microguías axudarán aos emprendedores a por en marcha as súas empresas
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou dez ]Microguías de Oportunidades de Negocio. As guías enmárcanse no Plan de Excelencia Comercial, en concreto no eixo de actuación denominado Impulso de Novas Iniciativas Comerciais.
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo aposta pola creación de itinerarios entre os grandes complexos culturais do norte de España
Trala súa visita á Cidade da Cultura de Asturias, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, apuntou a súa aposta por "establecer colaboración ou rutas culturais dende o Guggenheim á Cidade da Cultura", pasando polo complexo asturiano. Na súa opinión, "pódese vender un pronto atractivo e interesante" a partir de feitos como "a calidade das nosas paisaxes e unha oferta cultural moi potente".
ALCALDÍA
Compostela reunirá ás personalidades académicas máis relevantes do mundo económico e financeiro
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi a tres membros da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras. Estes comunicáronlle que Santiago será escenario da vindeira xuntanza desta corporación, polo que a cidade acollerá ás máis relevantes personalidades académicas do mundo económico e financeiro.