MULLER E BENESTAR SOCIAL
Unha publicación recolle as experiencias e reclamacións das empregadas do fogar
Editada pola Asociación de Empregadas de Fogar Xiara e o Concello, esta publicación pretende dar a coñecer a realidade destas traballadoras para que a sociedade asimile e difunda as súas reivindicacións sociais e laborais.
TURISMO
Reúnese a comisión de seguimento do plan de Excelencia Turística de Santiago
O alcalde Xosé Sánchez Bugallo preside o mércores 26 unha nova xuntanza da comisión de seguimento do PET, que avaliará o informe de execución deste plan para a mellora integral do sector turístico compostelán.
CIDADE
Compostela celebra o Día de Internet
A Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, en colaboración co Concello de Santiago, instalou unha carpa na Praza da Quintana con motivo da celebración do "Día de Internet", o 25 de outubro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA E EMPREGO
Iglesias viaxará a Venezuela para entrevistarse con empresarios galegos
O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) planificará diversos encontros do concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, con empresarios venezolanos. A Xunta de Goberno Local do luns 24 de outubro aprobou un orzamento de 11.433 euros para este traballo, en forma de asistencia técnica.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Os centros socioculturais celebran o magosto
Máis de cen rapaces disfrutaron de xogos e castañas no Centro Sociocultural de A Gracia.
TURISMO
Santiago e Qu Fu (China) asinan un Protocolo de Intencións de cara ao seu irmanamento
Qu Fu e Santiago de Compostela teñen en común un patrimonio ben conservado, con singulares valores históricos, arquitectónicos e culturais e que foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO.
ALCALDÍA
Encarna Otero visita o Concello e a Oficina de Rehabilitación
A directora xeral de Fomento e de Calidade de Vivenda, Encarna Otero, ex concelleira de Muller no concello de Santiago, visitou a Casa do Concello para falar co alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre os proxectos de futuro e a colaboración entre o concello e a Xunta. Logo de visitar Raxoi, Otero desprazouse á Oficina de Rehabilitación xunto á concelleira de Rehabilitación e Casco Histórico, Mercedes Rosón.
CULTURA
A xente do teatro e da cidade homenaxean a Vidal Bolaño coa representación de "Doentes" polas rúas
Carlos Blanco será o narrador que leve o fío desta historia, cun elenco de máis de vinte actores e actrices de Compostela e maila colaboración de diversas entidades, asociacións e bares da zona vella. Será o mércores 26 de outubro ás 21.30 horas. Os "doentes" partirán ás 21.30 horas do Hostal dos Reis Católicos.
EDUCACIÓN
O Concello apoia o Bacharelato Internacional do IES "Rosalía de Castro"
O alcalde de Santiago de Compostela, Sánchez Bugallo e o director do Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda Soto, asinaron o venres 21 de outubro o convenio de colaboración para o desenvolvemento do Bacharelato Internacional.
CULTURA
Xogos tradicionais no Obradoiro para promocionar a candidatura do patrimonio inmaterial galego-portugués á Unesco
Con esta iniciativa, patrocinada pola Concellería de Cultura, preténdese dar a coñecer a candidatura da "Tradición oral galaico-portuguesa: simboloxía e apropiación do medio natural" a Patrimonio oral e inmaterial da humanidade, que foi presentada á UNESCO en outubro e da que se tomará decisión o 25 de novembro.