CONCERTOS DIDÁCTICOS NO AUDITORIO
A Real Filharmonía interpreta "Pulcinella", de Stravinsky
O martes 19 e o mércores 20 de abril rapaces de toda Galicia serán os protagonistas das actividades programadas polo Auditorio de Galicia, dentro dos seus Concertos Didácticos para Xóvenes en coordenación cos centros educativos.
ORZAMENTOS
A Xunta de goberno aproba os investimentos para barrios e zonas rurais
O Concello investirá máis de 700.000 euros en obras de acondicionamento de campos de festa e actividades deportivas en zonas rurais e de beirarrúas e reparacións de pavimento nalgúns barrios de Santiago.
CIDADE
Os Concellos de España reclaman unanimemente o seu protagonismo na sociedade
O vindeiro 19 de abril todos os concellos do Estado celebrarán plenos extraordinarios co obxectivo de referendar a Carta de Vitoria, un decálogo de medidas que subsanen o actual esquecemento das corporacións democráticas por parte tanto da Admistración central como das administracións autonómicas, e esixir o pago da denominada "débeda histórica".
CULTURA
O Ballet Galego Rei de Viana estrea "Lumieira"
Pasado e presente fúndense nesta produción, que na súa primeira parte revisa e actualiza algúns dos bailes máis exitosos da compañía no seu medio século de traxectoria, mentres que dedica un segundo acto a presentar as novas coreografías que se incorporan este ano ao repertorio do Ballet. Poderemos velo o sábado 16 e o domingo 17 ás 21 horas no Auditorio de Galicia.
EDUCACIÓN
Unha mañá cos bombeiros de Santiago
Corenta e oito nenos de educación primaria do Colexio A Milagrosa visitaron o venres 15 de abril o Parque de Bombeiros. Esta actividade insírese dentro do programa de visitas didácticas que organiza o Departamento de Educación os xoves e venres de cada semana.
EDUCACIÓN
O programa "Vivir o mundo: vivir Europa" leva a 14 mozos composteláns de viaxe a Bruselas
Os participantes foron seleccionados de entre os solicitantes, nun sorteo público celebrado no concello de Santiago o día 31 de marzo de 2005.
FUNDACION GRANELL
"Atilde" homenaxea cun recital a Hans Christian Andersen
O xoves 14 de abril ás 18.30 horas o grupo de teatro "Atide", das aulas da terceira idade de Compostela, realizará un recital-homenaxe a Hans Christian Andersen na Fundación Granell.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Presentación do libro "Outras voces, outros mundos. Mulleres inmigrantes e prostitución en Galicia"
Esta publicación é o relatorio das xornadas organizadas polo colectivo Andaina e celebradas entre os días 3 e 6 de novembro de 2004 no Auditorio de Galicia.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
Un libro recolle as xornadas organizadas por Andaina arredor da prostitución e a inmigración
"Outras voces, outros mundos. Mulleres inmigrantes e prostitución en Galicia" é o título do libro que compila os traballos de campo sobre a prostitución e os relatorios de dúas traballadoras sexuais expostos durante as xornadas organizadas pola Asociación Andaina en decembro do pasado ano. A obra está editada pola Asociación Andaina en colaboración coa Concellería de Emigración e Inmigración.
DIA DAS LETRAS GALEGAS
Trapsa e o Concello convocan un concurso de relatos
Con motivo do Día das Letras Galegas, que terá lugar o vindeiro 17 de maio, o Concello de Santiago, xunto con Trapsa, empresa concesionaria do transporte urbano, convocan un concurso relatos curtos.