PROMOCIÓN ECONÓMICA
A terceira edición do proxecto Crear logrou xa a inserción laboral de 15 persoas
A terceira edición do proxecto Crear comezou a súa andaina de xeito enormemente positivo. Cando aínda non rematou o primeiro mes da súa posta en marcha, os seus responsables xestionaron a inserción profesional de quince usuarios nun emprego afín ás súas expectativas e capacidades.
DEPORTES
A selección de Braga gañou a Copa Gallaecia
A selección de Braga gañou a Copa Gallaecia tras impoñerse á de Porto por dous goles a cero. Os tantos foron marcados no segundo tempo por Óscar, no minuto 34, e por Orlando, cinco minutos despois.
ALCALDÍA
O Concello fai as súas suxestións á Xunta para a recuperación das zonas afectadas polo lume
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño realizaron unha visita polos principais lugares de Compostela afectados polos incendios. Ámbolos dous escoitaron aos veciños de Villestro, de Figueiras e do Romaño, que coincidiron en apuntar a necesidade das concentracións parcelarias como medio para facilitar o non abandono do monte.
CULTURA
Arranxos de cancións dos Beatles e blues nunha nova xornada de "Feitoamán"
A penúltima xornada de "Feitoamán" presenta dúas propostas musicais que repiten: Leo Giannetto’s Jazz Project e Blues Vivo Afrocuncas. Tocarán, a partir das 22:30 horas, na Praza dos Gatos e na Praza de Feixoo, respectivamente.
CULTURA
Un gran cabaré pecha a terceira edición do Festival d’Gorra
Despois de dúas semanas de intensa actividade nas prazas do casco antigo compostelán, chega ao seu fin unha nova edición do Festival d’Gorra. Centos de cidadáns e visitantes participaron nos diversos espectáculos, que encheron de malabares, humor e moita participación catorce tardes do mes de agosto.
CULTURA
O circo británico chega ao Festival d’Gorra
Penúltimo día do Festival d’Gorra, que aínda depara a novidade da actuación da compañía inglesa Chipolatas, que ofrecerá varios pases ao longo da fin de semana. Unha das últimas oportunidades para gozar na rúa deste evento, que está a congregar a centos de veciños e visitantes.
CURTOCIRCUÍTO
Unhas 300 persoas asistiron á retrospectiva das mellores curtas galegas
A Praza de Abastos combinou a música de Jordanairs coas mellores curtas galegas de todos os tempos nunha sesión á que asistiron unhas 300 persoas.
CONSORCIO
Máis de 50.000 persoas visitaron "Intramuros"
Dende a súa inauguración o 14 de xullo, máis de 50.000 persoas achegáronse ata Intramuros, unha mostra que recrea a vida relixiosa e a arte nos conventos de clausura de Santiago de Compostela. O Consorcio e o Concello de Santiago abriron no emblemático edificio do Banco de España esta mostra singular e única para conmemorar o XV aniversario da fundación do Real Padroado de Santiago.
ALCALDÍA
O Consello de Comunidades Galegas aborda o papel da emigración no futuro Estatuto e a reforma da Lei da Galeguidade
O Auditorio de Galicia acolle o 23 e o 24 de agosto o VIII Pleno do Consello de Comunidades Galegas. Os representantes das 154 entidades do exterior coa galeguidade recoñecida están a debater sobre dous temas que afectan directamente aos galegos e galegas residentes no exterior: o seu papel no novo Estatuto de Autonomía e a reforma da Lei da Galeguidade.
DEPORTES
Directivos e técnicos galegos e portugueses analizan en Santiago o fútbol base
Santiago de Compostela será a sede do I Congreso Internacional Gallaecia- Fútbol Base, que nesta primeira edición analizará e debaterá diferentes aspectos da práctica deportiva dos mozos e mozas. O acto enmárcase nos actos da Fase Final da Copa Gallaecia, que organizan conxuntamente a Fundación Compostela Deporte e a Federación Galega de Fútbol.