ALCALDÍA
Paulo Coelho agradece o recoñecemento dunha cidade que marcou a súa vida
O escritor brasileiro Paulo Coelho está de visita en Compostela para recibir a homenaxe polo seu labor de divulgación da cidade e do Camiño, unha rota que "cambiou a miña vida", segundo dixo tras asinar no Libro de Honra da Cidade.
URBANISMO
Concedida a licenza de construción e apertura para o centro comercial das Cancelas
A Xunta de Goberno acordou a concesión da licenza municipal de construción e apertura do edificio no que se levantará o futuro centro comercial das Cancelas. O custo do proxecto é de 34 millóns de euros.
SEGURIDADE CIDADÁ E TRANSPORTES
A noite de San Xoán arderán 132 cacharelas
A Concellería de Mobilidade e Seguridade Cidadá autorizou a celebración de 132 cacharelas e sardiñadas na noite de San Xoán, o 23 de xuño.
UMAD
A UMAD, convidada a participar nun programa europeo de saúde
A Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD) foi convidada a participar no Programa de acción comunitaria no ámbito da saúde 2008-2013. Esta rede está coordinada pola rexión italiana de Veneto e integrada tamén polos municipios de Solna e Huddinge (Suecia), Letonia, a Deputación de Barcelona, Rumanía, Austria e Hungría.
MEDIO AMBIENTE
Nova xuntanza do Consello Municipal do Medio Ambiente
O martes 24, a concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presidirá unha nova reunión do Consello Municipal do Medio Ambiente. Será ás 20:00 horas. no salón circular do Auditorio e á mesma están convocados os seus membros, representantes de diferentes sectores cidadáns como: asociacións ecoloxistas, grupos de defensa dos animais, asociacións veciñais, asociacións de empresarios, expertos en temas medioambientais, da Universidade, organizacións políticas...
CULTURA
Continúan os actos de homenaxe a Curros Enríquez
Continúan na cidade as actividades que a Concellaría de Cultura organiza con motivo do 100 aniversario da morte de Curros Enríquez. Así, o martes 24 celébrase unha conferencia, que impartirá Pilar García Negro, e un concerto no Teatro Principal baixo o nome Na fronte unha estrela. Ambas actividades, ao igual que todas as desta homenaxe, son de entrada libre e de balde.