MERCADOS
O Concello proporá un emprazamento alternativo para o mercado de gando
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, comunicoulle aos representantes das principais asociacións empresariais da cidade que o Concello vai propor un emprazamento alternativo para o mercado de gando, que actualmente se desenvolve en Amio. O obxectivo é que este espazo se dedique exclusivamente a recinto feiral e de exposicións, de acordo ás demandas reais da cidade.
MULLER
Campaña en prol do reparto das tarefas domésticas
A concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, presentou a campaña "Igualmente diferentes, espazos compartidos", nun acto celebrado no Colexio San José de Cluny.
TURISMO
Máis de 1.600 curtametraxes xa se presentaron ao concurso do Festival Internacional Curtocircuíto
Xa son 1.602 as curtas inscritas no Concurso Internacional de Curtametraxes de Curtocircuíto dende que se abriu o prazo o 14 de abril. Os participantes chegan dende máis de 70 países, entre eles algúns como Malaisia, Armenia, Irán ou Singapur.
CONSORCIO
O alcalde entrega libros aos rapaces do Hospital Clínico
Como parte do traballo de Literapia, o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ao Hospital Clínico para compartir cos nenos e nenas ingresados neste centro un rato de lecer e de boa lectura. Xunto a el, algúns dos membros de Literapia fixeron entrega de libros infantís e xuvenís publicados polo Consorcio de Santiago.
DEPORTES
Preto de 200 cativos amosarán as súas habilidades coa bicicleta de montaña na Granxa do Xesto
A Fundación Compostela Deporte acolleu a presentación do I Premio Aquagest – Xira Caixanova – Mini BTT, organizado polo Club Ciclista Aquagest. A proba, que contará
coa participación de preto de 200 cativos, celebrarase o domingo 22 de xuño, ás 11:00 horas, na área recreativa da Granxa do Xesto, no Monte Pedroso, nas categorías
de principiantes, promesas, benxamíns, alevíns e infantís. É a primeira vez que Santiago acolle un evento deste tipo para os máis pequenos.
CULTURA
Un novo programa saca a danza á rúa
Entre o 20 e o 22 de xuño vaise desenvolver polas rúas de Compostela a mostra Entredanzas, que nesta primeira edición vai ter como país convidado Portugal. A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, presentou a programación deste evento.
ALCALDÍA
Un achegamento didáctico ao Alzheimer
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou a exposición Xente "de mente". A mostra, organizada pola Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia Tipo Alzheimer (AGADEA), estará no Centro de Maiores da Obra Social Caixa Galicia ata o 30 de xuño.
MEDIO AMBIENTE
Unha festa para dar a benvida ao verán no Parque de Belvís
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, presentou en roda de prensa a Festa de Verán/A Feira do Sol, que se celebrará durante mañá e tarde do sábado 21no Parque de Belvís. As actividades comezarán ás 12:00 horas e prologaranse durante todo o día, tendo prevista a súa finalización por volta das 20:30 h. Estas actividades están organizadas en colaboración coa Consellaría de Medio Ambiente e CESPA.