ALCALDÍA
Qu Fu quere crear en Santiago un instituto para o ensinanza do chinés
Unha delegación da cidade chinesa de Qu Fu foi recibida en Raxoi polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo. Na reunión, o rexedor da cidade asiática, Liu Sen, propuxo a creación en Santiago dun Instituto Confucio, para impulsar a ensinanza do chinés e o fomento da cultura deste país.
NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA
O Concello promove o uso do galego entre os máis novos no mes das Letras
A Concellería de Normalización Lingüística pon en marcha a campaña Maio das Letras, co obxectivo de promover o uso do galego entre os máis novos. Aprovéitase así o mes no que se celebra o Día das Letras Galegas, o 17 de maio, este 2008 dedicado ao escritor, arqueólogo, investigador e editor Xosé María Álvarez Blázquez (Tui, 1915-Vigo, 1985).
TURISMO
Máis de 600 traballos inscritos xa no concurso internacional de "Curtocircuíto 2008"
Presentouse o V Festival Internacional de Curtametraxes de Santiago, Curtocircuíto. Esta edición nace coa intención de revalidar o éxito de participación e público de 2007, que converteron ao festival compostelán nun evento de referencia entre os que se celebran en España no seu ámbito.
REHABILITACIÓN
Apróbase unha nova convocatoria de axudas para a rehabilitación de elementos especiais de madeira
O Goberno local deu o visto bo á convocatoria 2008 de axudas para a rehabilitación de elementos especiais de madeira dos inmobles da cidade histórica, concedidas polo Consorcio de Santiago. Esta entidade destinará 275.000 euros ao programa.
MULLER
Formalizada a cesión á Xunta do inmoble de San Lourenzo onde se implantará o Centro de Recuperación Integral para Mulleres
A Xunta de Goberno acordou a concesión gratuíta á Xunta do inmoble municipal situado na carballeira de San Lourenzo para a implantación nel dun Centro autonómico de recuperación integral para mulleres que sofren violencia de xénero. A concesión é por quince anos, prorrogables por dous períodos consecutivos de cinco anos.