CULTURA
A Zona "C" cumpre o seu primeiro ano e celébrao cunha publicación
O 13 de marzo de 2007 abría as súas portas a Zona "C", un novo espazo de creación múltiple pensado para acoller diferentes actuacións. Un ano despois, para celebralo, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, presentou a publicación que recolle todas as actividades que se levaron a cabo aquí durante este ano de existencia.
TURISMO
Máis de 120 empresas compostelás recibiron a certificación de calidade turística
A Mesa de Calidade Turística de Santiago entregou os distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino (SICTED) ás 124 empresas e profesionais do sector turístico que aprobaron a auditoría de calidade. A cifra de certificacións, 38 máis que no 2006, representa a mellor marca na cidade dende a entrega dos primeiros certificados en 2004.
MOBILIDADE
A Policía Local realizou case 37.000 controis de tráfico en 2007
Ao longo de 2007, a Policía Local realizou un total de 36.852 controis, entre inspeccións de velocidade, do emprego do cinto de seguridade, do uso do móbil e de utilización do casco en motocicletas e de alcoholemia.
TURISMO
Turismo de Santiago reforza a Semana Santa co seu programa gastronómico e turístico
Unha web propia, un completo programa de man, un intenso calendario de visitas turísticas e a segunda edición das propostas gastronómicas de "Sabores de Paixón" serán as achegas de Turismo de Santiago á celebración da Semana Santa compostelá no 2008.
CONSUMO
Inmigrantes e persoas maiores, coñecedores dos seus dereitos como consumidores
O sábado 15 de marzo celébrase o Día Mundial do Consumidor. Con tal motivo, a Concellería de Sanidade e Consumo presenta dúas novas guías, dedicadas especificamente aos inmigrantes e ás persoas maiores. Colaboran o Instituto Galego de Consumo e a Unión de Consumidores de Galicia.
ALCALDÍA
Compostela prepárase para acoller ás personalidades académicas máis relevantes do mundo económico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao presidente da Real Academia de Ciencias Económicas e Financeiras, Jaime Gil Aluja. Este informoulles sobre os preparativos da vindeira sesión solemne académica desta corporación, que se celebrará en Santiago o 1 de abril.