ALCALDÍA
Compostela prepara a súa Semana Santa
A unhas semanas para o comezo da Semana Santa, a cidade prepárase para vivila nas súas rúas e igrexas, fundamentalmente a través das distintas procesións. Para falar deste tema mantiveron un encontro en Raxoi os alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o presidente da Xunta de Confrarías, Isolino Castiñeiras.
SERVIZOS
Os contedores subterráneos de lixo serán sometidos a unha dobre auditoría
A concelleira de Servizos, Marta Álvarez-Santullano indicou que os contedores subterráneos de lixo da cidade serán sometidos a unha dobre auditoría: unha externa encargada pola empresa concesionaria do servizo, Urbaser, e outra realizada polo propio Concello. Ao seu xuízo, estas actuacións son as axustadas para garantir a seguridade laboral dos traballadores.
CULTURA
O público escolle o repertorio nun novo concerto da Banda Municipal de Música
O programa do concerto que a Banda Municipal de Música ofrecerá o domingo 24 de febreiro será "á carta": estará composto polas cancións elixidas polos asistentes ás actuacións que a banda celebrou os días 10 e 17 de febreiro.
EMPREGO
O Proxecto Persoa IV promoverá a integración laboral de 120 persoas
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou os resultados do programa Persoa III e a solicitude presentada ao Ministerio de Administracións Públicas para a concesión de axudas do Fondo Social Europeo. Esta solicitude atines ao Pacto Local polo Emprego de Santiago 2008-2011 e articúlase en torno a dous eixes: o Persoa IV e o Plan de Acción Local polo Emprego.
CULTURA
Comeza Teatro e Danza en Xira 2008 con "Filomena Marturano"
A edición de 2008 de Teatro e Danza en Xira comeza o domingo 2 de marzo coa representación no Auditorio de Galicia de Filomena Marturano, un melodrama dirixido por Ángel Fernández Montesinos e interpretado por Concha Velasco. As mellores compañías de teatro e danza da Península virán a Compostela da man deste programa, Teatro e danza en xira, organizado pola Concellaría de Cultura e a Fundación Caixa Galicia.