PERSOAL
O Concello investirá 120.000 euros no seu Plan de Formación Continua
O Plan de Formación Continua 2008 do Concello contará cun orzamento de 119.905 euros, dos que 110.912 destinaranse a formadores e 8.992 a medios e material didáctico.
EDUCACIÓN
Educación leva unha ludoteca itinerante ás escolas rurais de Compostela
Tamén en materia de Educación, a Xunta de Goberno deu o visto bo ao plan de dinamización das escolas rurais de Compostela, realizado a través da ludoteca itinerante Troularte. Este programa de animación sociocultural para nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos. O seu orzamento para o seu desenvolvemento, ata xuño de 2008, é de 8.865 euros.
SERVIZOS
Novas tarifas para o tanatorio de Boisaca
Veñen de aprobarse as novas tarifas pola utilización do tanatorio de Boisaca. Os prezos rexistran un incremento do 7%, derivado a aplicación da subida do Índice de Prezos ao Consumo (IPC) entre decembro de 2005 e decembro de 2007.
URBANISMO
Inícianse as expropiacións necesarias para construír o vieiro de acceso aos solos industriais de Formarís
A concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón, explicou o proxecto de expropiación necesario para executar o vieiro de acceso aos solos industriais previstos en Formarís. Esta infraestrutura permitirá conectar a estrada N-550 cos ámbitos industriais SUNP-37.3, SUNP-38 e FINSA.
BENESTAR SOCIAL
Benestar Social promove un programa educativo para familias en situación de ruptura
A Xunta de Goberno ratificou a solicitude á Deputación da Coruña dunha subvención de 42.075 euros para o desenvolvemento do Programa de acción educativa na rúa e en familias en situación de ruptura. O Concello achegaría 21.955 euros a esta iniciativa.
MEDIO AMBIENTE
Medio Ambiente inaugura a exposición sobre o cambio climático "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción"
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, inaugurou a exposición "O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción" no Centro Social e Xuvenil do Ensanche. A mostra estará activa ata finais de febreiro e organizase en colaboración coas consellarías de Medio Ambiente e de Innovación e Industria.