POLÍTICA LINGÜÍSTICA
Política Lingüística promove nunha nova campaña o uso do galego nas relacións afectivas
A Concellaría de Política Lingüística lanza unha campaña para promover o uso da lingua galega no ámbito das relacións afectivas e persoais. A iniciativa está dirixida a mozos e mozas, aos que se lles lembra que tamén se pode ligar en galego e que non hai porque cambiar de lingua á hora de facelo.
COMERCIO
Tres comercios da cidade locen xa as bandas de recoñecemento polos seus escaparates de Nadal
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as bandas de escaparatismo aos tres premiados na Edición de Nadal do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping": o establecemento Seguridade A-1, a tenda de decoración Kosas de Kasa e Xoiería Xanana.
FUNDACIÓN GRANELL
O Padroado da Fundación Granell aproba novos convenios de colaboración
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a xuntanza do Padroado da Fundación Granell. Na mesma autorizouse a formalización de dous novos convenios coa Deputación Provincial da Coruña e coas consellerías de Cultura e de Presidencia.
MEDIO AMBIENTE
Ábrese o prazo de solicitude para acceder ás hortas do Parque de Belvís
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentábel, Elvira Cienfuegos, estará o venres 15 no Centro Sociocultural da Trisca para explicar a todos os interesados como se desenvolverá o proxecto das hortas do Parque de Belvís. Na xuntanza, que será ás 12:00 horas, a concelleira explicará cales son as condicións para poder acceder a unha parcela e demáis detalles do proceso. Ese mesmo día, a partires da xuntanza ábrese o prazo de solicitude para todos os usuarios que queiran participar. O prazo estará...
ALCALDÍA
Os arquitectos do noroeste peninsular premian a calidade da xestión urbanística de Santiago
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu á rolda de prensa ofrecida polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) para dar conta dos finalistas galegos no I Premio de Arquitectura ARQano, outorgado polos Colexios Oficiais de Arquitectos do noroeste de España. Santiago foi premiada na categoría de "ARQano ao fomento da Arquitectura 2007" pola "continua e atenta xestión urbanística que incorpora a arquitectura coma un dos seus piares fundamentais".