EDUCACIÓN
Uns 3.000 alumnos participarán nun novo ciclo de concertos didácticos e teatro
A Concellaría de Educación e a Obra Social e Cultural de Ibercaja poñen en marcha un novo ciclo de concertos didácticos e de teatro para escolares. Participarán arredor de 3.000 alumnos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP.
CULTURA
Cinco novos espectáculos de primeiro nivel da man de Teatro e Danza en Xira 2008
Chega una nova edición de Teatro e Danza en Xira 2008 para traer ata Santiago algunhas das representacións máis destacada do panorama español e, este ano, tamén luso. Filomena Marturano, 13 rosas, O guía do Hermitage, Turismo Infinito e La Paz Perpetua forman o programa.
REFORMA ADMINISTRATIVA
Os composteláns xa poden acceder á Carpeta Cidadá do Concello co DNI electrónico
Os cidadáns de Santiago de Compostela xa poden utilizar o seu DNI Electrónico (DNIe) para acceder á Carpeta Cidadá e realizar trámites administrativos a través de Internet sen necesidade de desprazarse ata as dependencias municipais.
EMPREGO
Promoción Económica oferta catro cursos de teleformación dirixidos a persoas ocupadas
A Concellaría de Promoción Económica e Emprego organiza, de xeito gratuíto, catro cursos de teleformación para traballadores ocupados, financiados por Caixa Galicia. Estas actividades formativas, enmarcadas na Rede de Cooperación Local, son Habilidades directivas, Calidade, Loxística integral e Inglés industrial. O prazo de inscrición remata o 15 de marzo. Cada un dos cursos oferta 15 prazas.
TURISMO
O Fórum Gastronómico recoñece os produtos máis innovadores
Dez empresas optan aos IV Premios InnoFórum que convoca Fórum Gastronómico Santiago’08, que se celebrará do 16 ao 20 de febreiro en Compostela. Os galardóns queren recoñecer o esforzo innovador das empresas dentro do sector da gastronomía.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Lucía Dubra expón na Trisca a súa visión da mirada dos nenos
O Centro Sociocultural da Trisca acolle do 13 ao 29 de febreiro a exposición de Lucia Dubra "O pousar da mirada". Trátase dunha mostra de pintura ao óleo dedicada ás miradas dos picariños a través da tenrura, da alegría, da confianza, do amor...
ALCALDÍA
A Praza de Abastos, garantía de peixe fresco
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañou ao presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, e a conselleira de Pesca, Carmen Gallego, na presentación da marca de calidade " PescadeRías, ¿de onde se non?" na Praza de Abastos. Este selo, que comezará a expedirse o 7 de marzo, certifica que os produtos que o leven foron capturados como máximo 24 horas antes da súa primeira venda.
EDUCACIÓN
As escolas rurais acollen unha sesión de contacontos solidarios
O mércores 13 de febreiro, nas escolas rurais de Compostela, terá lugar unha sesión de contacontos solidarios a cargo do colectivo Biscis pola Paz.