CONSORCIO
O Consorcio adquire a Selva Negra para cederlla ao Concello e convertela nun gran parque forestal público
Os catorce propietarios da Selva Negra asinan un convenio de cesión e compra desta co alcalde e presidente do Consorcio, Xosé Sánchez Bugallo, por un importe de 4.116.000 euros. Esta superficie destinarase a parque forestal de uso público e de titularidade municipal.
EDUCACIÓN
Uns 4.500 escolares da bisbarra compostelá participarán na VII Campaña de Animación á Lectura
A Concellaría de Educación e Mocidade e a editorial Kalandraka poñen en marcha un ano máis a Campaña de Animación á Lectura, que se celebrará na Galería Sargadelos do 26 de marzo ao 5 de maio. Co lema "Ler: unha aventura diferente", o programa de actividades inclúe sesións de contacontos, obradoiros de ilustración e de banda deseñada, exposicións, actividades nas librarías da cidade e sesións para as familias. Uns 4.500 escolares de Compostela e da bisbarra están...
ALCALDÍA
Santiago acollerá a maior reunión de estudantes de odontoloxía
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu á presidenta do XIV Congreso ANEO (Asociación Nacional de Estudantes de Odontoloxía), Gema Arias. O obxectivo desta xuntanza era dar a coñecer os preparativos do que será este congreso, que reunirá do 17 ao 21 de xullo de 2007 a estudantes de odontoloxía de toda España.
EXPOSICIÓN
Arte sen fronteiras feita por mulleres
Na Fundación Araguaney, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a inauguración da mostra internacional "Mulleres sen sombra: 12 miradas en femenino"", organizada pola Asociación de Mulleres Progresistas "Alba". Esta entidade quere sumarse así aos actos do Día Internacional da Muller, cunha exposición composta por pinturas, esculturas e tapices obra de mulleres de diversos países, nun intento de amosar unha arte sen fronteiras.
ALCALDÍA
O Colexio de Procuradores entregou as Cruces de San Raimundo de Peñafort
O Hotel Monumento San Francisco acolleu o acto de entrega das Cruces de San Raimundo de Peñafort, que organiza o Colexio de Procuradores de Santiago. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asistiu ao evento.
MULLER
O Concello homenaxeou a nove científicas e investigadoras
Nove mulleres que traballan en Santiago no campo da ciencia e da investigación foron homenaxeadas polo Concello no marco do programa de actos conmemorativos con motivo da celebración do Día Internacional da Muller.
MERCADOS
O concelleiro de Promoción Económica ultima co Ministerio de Vivenda o convenio de remodelación do Mercado de Abastos
O Concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, entrevistouse en Madrid co Director Xeral de Arquitectura e Política de Vivenda do Ministerio de Vivenda, Angel Rafael Pacheco Rubio. Iglesias espúxolle a necesidade de acelerar a sinatura do convenio de colaboración para a remodelación do Mercado de Abastos, que previsiblemente terá lugar en abril, para iniciar o proceso de contratación das obras e estar en condicións de executar os recursos económicos comprometidos para o ano 2007 polo...
CULTURA
Zona C, un espazo para os novos creadores
Zona C é o nome dun novo espazo para a creación artística que xorde en Compostela. Nace en San Domingos de Bonaval, na antiga sede dos ensaios da Banda Municipal.
ALCALDÍA
O alcalde amosa a súa satisfacción pola renudación das obras paralizadas na Cidade da Cultura
Na súa habitual comparecencia antes os medios dos venres, o alcalde compostelán, Xosé A. Bugallo, expresou a súa "satisfacción" polo anuncio da Xunta de reanudar en abril as obras dos dous edificios que levaban paralizados 14 meses.