PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha exposición abre o calendario de actividades de "Marzo, mes do comercio"
Coa inauguración da exposición "Historia do comercio en Compostela" arranca o programa Marzo, mes do comercio. A mostra poderá verse ata o 9 de abril na Fundación Torrente Ballester.
MEDIO AMBIENTE
O CEIP de Roxos acolleu o inicio da campaña de protección do medio ambiente organizada por Sogama
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou, xunto co presidente de Sociedade Galega do Medio Ambiente, SOGAMA, José Álvarez Díaz, a campaña educativa "Ti es a peza que falta. O futuro está nas nosas mans", orientada a fomentar a protección do entorno entre os escolares. A iniciativa está dirixida a todos os centros escolares de primaria das catro provincias galegas.
TURISMO
Francisco Candela, elixido vicepresidente do Consello de Destinos da Organización Mundial do Turismo
O concelleiro de Turismo de Santiago de Compostela, Francisco Candela, foi elixido vicepresidente do Consello de Destinos da Organización Mundial do Turismo (OMT), na asemblea que celebra esta axencia especializada das Nacións Unidas en Berlín .
ALCALDÍA
Recepción á Asociación para o Proxecto Foltra
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi aos representantes da Asociación para o Proxecto Foltra. Esta entidade sen ánimo de lucro proporciona asistencia a todo aquel que o necesite, con dano cerebral conxénito ou adquirido, central ou periférico, pero tamén a outro tipo de pacientes que pola súa patoloxía (diabéticos, infartos…) poidan beneficiarse do proxecto.
CULTURA
Comeza o ciclo musical Composjazz coa actuación do grupo Ficções
Compostela acollerá durante dous meses o Composjazz, un ciclo musical que traerá á nosa cidade os mellores intérpretes do panorama do jazz galego e español. O programa, organizado pola Concellaría de Cultura, coa colaboración da Fundación Caixa Galicia, foi presentado polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, o xerente do Auditorio, Pablo Rodríguez e Patricia Maceira, da Fundación Caixa Galicia.
MULLER
Os 3.000 euros do Premio Xohana Torres destinaranse ao Cottolengo
O Concello celebrou o Día Internacional da Muller cunha recepción aos colectivos composteláns que traballan a prol da muller. Antes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo comunicou que por segundo ano consecutivo, quedou deserto o Premio de investigación Xohana Torres. A contía do premio, 3.000 euros, destinarase ao Cottolengo.