CULTURA
Teatro do Noroeste presenta a obra de Shakespeare "Romeo e Xulieta"
A compañía galega Teatro do Noroeste estrea o xoves 29 no Teatro Principal, ás 21:00 horas, unha adaptación moderna da obra de William Shakespeare "Romeo e Xulieta". A obra, interpretada por un elenco de actores mozos, poderá verse no Principal tamén o venres 30 e o sábado 31. O prezo das entradas, que se poderán recoller alí mesmo ou ben a través das oficinas de Caixa Galicia, é de 7 euros para butacas, platea e primeira planta; 5 euros para a segunda planta; e 3 euros para o anfiteatro. O día da...
DÍA DA ÁRBORE
Os máis pequenos plantaron árbores en San Lázaro
Uns 500 alumnos de primaria do centros de educación de Fontiñas e Monte dos Postes celebraron no Parque de San Lázaro o acto conmemorativo organizado polo Concello con motivo da celebración dos días da Árbore e da Auga. Os rapaces plantaron árbores e asistiron a unha representación práctica do bo uso da auga.
DEPORTES
Os camiños de Santiago, unidos polo deporte grazas á Compostela Cup
O Hotel Puerta del Camino acolleu a presentación da Compostela Cup do Camiño, unha singular proposta que pretende conxugar deporte e intercambio cultural. Grazas a este torneo, deportistas de todo o mundo achegaranse ata Santiago para competir en diferentes disciplinas e compartir experiencias.
TURISMO
Compostela quedará conectada con Copenhague a partir do 1 de abril
A oferta de voos de Lavacolla amplíase cunha nova conexión, vía Palma de Mallorca, con Copenhague, a capital de Dinamarca. Este novo traxecto diario poñerase en marcha o 1 de abril.
AUDITORIO
A Real Filharmonía de Galicia vístese de gala para interpretar "Un réquiem alemán", de Brahms
O Auditorio de Galicia recibirá o xoves 29 de marzo a dúas das máis destacadas figuras da canción, a soprano Ruth Ziesak e o barítono Dietrich Henschel, que, xunto ao Orfeón Pamplonés, acompañarán á Real Filharmonía de Galicia na interpretación dun Réquiem Alemán de Brahms. A orquestra pecha así o mes cun dos mellores concertos desta tempada, para goce dos afeccionados composteláns. Todo iso baixo a batuta do mestre Ros Marbá, director titular da Real Filharmonía.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Emma Pedreira e Xoán Xosé García López, gañadores dos premios "Aurelio Aguirre" e "José Saramago".
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, presidiu a entrega dos premios das novas edicións dos certame literarios "Aurelio Aguirre", de poesía, e "José Saramago", de narrativa curta, convocados ambos pola Concellería de Centros Socioculturais.
URBANISMO
Emuvissa formula as contas anuais de 2006
Baixo a presidencia do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, celebrouse esta mañá no Pazo de Raxoi o Consello de Administración da Empresa Municipal de Vivenda e Solo (Emuvissa), xuntanza que tivo como principal punto da orde do día a formulación das contas anuais do exercicio 2006.