EDUCACIÓN
En marcha a VII Campaña de animación á lectura
"Ler: unha aventura diferente" é o lema da sétima edición da Campaña de animación á lectura, promovida pola Concellería de Educación e Mocidade e pola editorial Kalandraka, en colaboración coa Galería Sargadelos. Neste último espazo celebrouse a apertura da iniciativa, que se prolongará ata o 5 de maio.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela rendeu homenaxe un ano máis a Aurelio Aguirre
Unha ofrenda floral na tumba de Aurelio Aguirre no cemiterio de Boisaca abriu os actos de homenaxe cos que a cidade quixo lembrar o acto conmemorativo do centenario do Banquete de Conxo. O recordo ao poeta, convertido xa en tradicional cada ano, centrouse nesta ocasión en rememorar un evento no que á súa vez se lembrara por primeira vez aquel Banquete.
ALCALDÍA
O alcalde destaca a "gran acollida" dos veciños composteláns na súa visita a Arxentina e Uruguai
Rematada a súa visita institucional a Arxentina e Uruguai, o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo fixo balance da mesma e destacou a "gran acollida" recibida por parte dos santiagueses destes dous países. Neles visitou cidades como Bos Aires, Vicente López, Avellaneda ou Mar del Plata (Arxentina), e Montevideo e Canelones (Uruguai), onde residen a maior parte dos composteláns e os seus descendentes.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
A II Gala do Comercio resaltará a excelencia dos establecementos composteláns
O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, acompañado de representantes das asociacións de comerciantes da cidade, presentou a II Gala do comercio Compostela capital de compras, que se celebrará o venres 30 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.
PLAN ESTRATÉXICO
O Plan Estratéxico entrará en xuño na súa fase final
O Comité Executivo do Plan Estratéxico decidiu aprazar ata o mes de xuño a súa última fase, que conducirá á aprobación definitiva do documento e á súa posta en marcha. Unha vez celebradas as eleccións municipais, recuperarase o debate sobre a que será a guía que marque as liñas do desenvolvemento social, económico e cultural da cidade.