PARQUES E XARDÍNS
A cidade únese un ano máis ás celebracións dos días mundiais da Árbore e da Auga
O concelleiro de Parques e Xardíns e Servizos Básicos, Bernardino Rama, presentou os actos de celebración do Día da Árbore e do Día da Auga, que nesta edición se celebrarán no Parque de San Lázaro. Non faltará a plantación de árbores, a simulación do bo uso da auga e o reparto dun conto editado con motivo desta conmemoración.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Compostela lembra o acto conmemorativo do centenario do Banquete de Conxo
O martes 27 de abril, a cidade lembrará o acto conmemorativo do centenario do Banquete de Conxo, cunha ofrenda floral na tumba de Aurelio Aguirre e unha homenaxe. Recordarase así un evento, celebrado en xullo de 1958, no que á súa vez se conmemoraba por primeira vez o acontecemento do Banquete.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Promoción Económica colaborará con cinco escolas infantís para implantar un servizo de atención temperá
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, asinou cinco convenios de colaboración con cinco escolas infantís, Raiola, Paparolo, Rubido Romero, El jardín de los mimos e Mami, para a implantación do Servizo de desenvolvemento infantil e atención temperá nos centros. A atención temperá é definida polo Real Patronato sobre Discapacidade coma un "conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos que presentan os nenos con trastornos no seu...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Clausurada a I Xornada de integración a través do deporte
O alcalde en funcións, Néstor Rego, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, clausuraron a I Xornada de integración a través do deporte, enmarcada no Proxecto Persoa III. Neste seminario, celebrado no pavillón do Restollal, participaron un cento de persoas da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI), da Asociación de Pais de Persoas con Minusvalidez Psíquica, da Asociación de Minusválidos do Val do Dubra (AMIVALDU) e alumnos de primeiro de ESO do Colexio San...
BENESTAR SOCIAL
O Centro Sociocultural do Ensanche acolle dende o luns 26 unha nova unidade de intervención social
A partir do vindeiro luns 26 de marzo, dúas traballadoras sociais integrarán a nova unidade de intervención social do Centro Sociocultural do Ensanche (rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16). Deste xeito a Concellaría de Benestar Social pretende achegar tamén a esta área da cidade toda a información e os servizos que xa ofrece noutros puntos da mesma.
REHABILITACIÓN
Vite, Vista Alegre e Pontepedriña,protagonistas da segunda sesión da Xornada "Barrios en (re)construción
O Centro Sociocultural de Vista Alegre acolleu a segunda sesión da Xornada "Barrios en (re)construción. Foi tempo para falar das experiencias desenvolvidas en Compostela e das actuacións previstas.
CULTURA
O Rei do Raï chega a Compostela para presentar o seu último traballo
O músico alxerino Khaled, coñecido como o rei da música raï, chega o sábado 24 ás 21:00 horas ao Auditorio de Galicia para presentar o seu último traballo, Ya Ravi, dentro da cuarta edición do Ciclo Sons da Diversidade. Os interesados poderán adquirir as entradas a un prezo de 15 euros, cun desconto do 50 por cento para estudantes e persoas xubiladas, nos despachos de billetes ata media hora antes do comezo ou ben a través das oficinas de Caixa Galicia.