SERVIZOS BÁSICOS
Compostela, premiada pola súa xestión da auga
O concelleiro de Infraestruturas e Servizos Básicos, Bernardino Rama, recolleu en Barcelona o premio Aquacivit 2007, nun acto celebrado nas torre Agbar. Este galardón recoñece a optimización dos materiais empregados nas redes interiores e nas redes de distribución de auga potable para a obtención dunha óptima calidade da auga.
REHABILITACIÓN
O Casco Histórico inverte a súa tendencia demográfica con máis poboación e de menor idade
En febreiro de 2007 habitaban o Casco Histórico compostelán 4.055 persoas, fronte ás 3.900 de 2004, o que supón inverter a tendencia de décadas de diminución da poboación nesta área da cidade. Ademais, constátase que os seus habitantes son cada vez máis novos, o que augura a continuidade desta tendencia.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os nenos adquirirán hábitos de consumo en "Aprende mercando"
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou "Aprende mercando", unha das actividades do programa "Marzo, mes do comercio". Trátase dun proxecto educativo para iniciar aos máis pequenos no consumo responsable e en roles educativos vinculados ao acto de compra.
ALCALDÍA
O intendente de Canelones (Uruguai) interésase polas políticas de rehabilitación de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ao municipio uruguaio de Canelones, para departir co seu intendente, Marcos Carámbula. Bugallo e Carámbula falaron sobre as diferenzas de xestión que hai entre a capital galega e do que é o segundo departamento máis grande de Uruguai, despois de Montevideo, en número de habitantes e en extensión, no que predomina o cultivo agrícola como fonte de ingresos. Os fundadores deste concello, no que viven arredor de 500.000 persoas, foron os canarios, e aínda que logo...