CULTURA
"Art Natura" achega a Compostela a obra de máis dun cento de artistas e escritores galegos
A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) inaugura a exposición "Art Natura. Pola defensa da Rede Natura galega. Pola defensa do medio natural galego". producida pola Concellaría de Cultura. Permanecerá aberta ao público, en horario de 18:00 a 21:00 horas, ata o 16 de abril, no Instituto Rosalía de Castro.
EDUCACIÓN
O programa didáctico "Vivir Santiago" invita aos máis novos a coñecer a súa cidade
Unha edición máis, o Programa de utilización didáctica "Vivir Santiago" ofrece aos escolares de Compostela e de tódolos municipios interesados a posibilidade de descubrir Compostela dende un punto de vista formativo. A nova oferta de percorridos foi presentada pola concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos.
CULTURA
"Un cuento de invierno", de Shakespeare, no Auditorio de Galicia
O programa Teatro en Xira, organizado pola Concellaría de Cultura co patrocinio da Fundación Caixa Galicia, ofrece o sábado 17 a obra de William Shakespeare "Un cuento de invierno". Os espectadores que queiran acudir á representación, que terá lugar no Auditorio de Galicia ás 21:00 horas, poden retirar as entradas alí mesmo ata media hora antes do comezo da función, ou ben a través das oficinas de Caixa Galicia, a un prezo de 15 euros (7.50 para estudantes e xubilados).
EMPREGO
230 persoas inscribíronse no que vai de 2007 na Bolsa de Emprego xestionada por Promoción Económica
No que levamos do ano 2007, 230 persoas inscribíronse na Bolsa de Emprego ubicada nas instalacións que a Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten na rúa Hórreo, número 100, inauguradas o 19 de decembro do 2006. 156 dos inscritos son mulleres, o que representa o 68% do total, e o resto, 72, o 32%, son homes. Unha media diaria de 30 persoas solicitan algún tipo de información sobre emprego, a metade persónanse no local e o resto infórmanse a través do teléfono 981 568 752.