FESTAS
O concelleiro de Festas destaca a alta participación cidadá no Entroido
Tras cinco días de festas carnavaleiras, chegou o momento de facer balance. O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, destaca a alta participación cidadá que, aproveitando a tregua que deu o tempo, saíron ás rúas da cidade ataviados cos seus disfraces. Dende o pregón do día 17, no que arredor de 800 persoas deron a benvida ao Entroido deste ano no Toural da man de Mofa e Befa, ata o desfile de carrozas do martes de Entroido, que congregou a preto de 60.000 persoas polas rúas da cidade, os cidadáns...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Unha xornada analizará o impacto dos programas experimentais de inserción laboral
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou a II Xornada Técnica sobre os programas experimentais de inserción laboral "Claves para a innovación na orientación profesional e laboral nun mundo globalizado". A xornada, que se celebrará o 15 de marzo no Pazo de Congresos, está dirixida a orientadores laborais, persoal técnico, axentes de emprego e desenvolvemento local, titores de inserción, docentes de Formación Profesional, persoal de programas de emprego e...
EIXO ATLÁNTICO
O Eixo Atlántico edita o libro "A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal"
O Eixo Atlántico acaba de editar o libro "A gobernanza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal", no que expertos galegos e portugueses reflexionan sobre as novas formas de democracia e de gobernanza e a súa progresiva aplicación na administración da Eurorrexión.
EDUCACIÓN
Alumnos do IES Rosalía de Castro gañan unha nova edición do premio "Coñecer as cidades patrimonio"
Un grupo de alumnos de segundo de ESO do Instituto Rosalía de Castro gañou unha nova edición do premio "Coñecer as cidades patrimonio", polo seu traballo "Toledo, cidade de convivencia: onte e hoxe. O papel das mulleres ". Grazas a este recoñecemento poderán viaxar primeiro a Toledo e logo a Segovia, onde exporán o seu proxecto.
CULTURA
Zona Alternativa ofrece un ano máis as creacións máis arriscadas das artes escénicas contemporáneas
A Sala Nasa acolle a oitava edición de Zona Alternativa, un proxecto que pretende ofrecer unha visión actual do panorama das artes escénicas contemporáneas: teatro, música, danzas e derivados). As propostas máis arriscadas e alonxadas do convencional pasarán polo recinto de San Lourenzo, facendo de Compostela un punto de encontro para novos creadores
UMAD
Un novo taller da UMAD axudará a pais e nais a abordar o tema das drogas
O 2 de marzo comezará na sede da UMAD o taller "E as drogas ¿que? ¿como abordamos o tema das drogas con respecto aos nosos fillos/as?", organizado no marco do Programa de pais e nais para a educación, baixo a concepción da capacidade preventiva que ten a familia. O obxectivo do obradoiro é proporcionar estratexias e información aos pais e nais que axuden a abordar o tema das drogas cos seus fillos/as e potenciar os recursos preventivos que xa posúen.
PLENO
O Concello cede unha parcela en Fontiñas para a un centro da terceira idade
O Pleno municipal aprobou por unanimidade a ampliación dos usos permitidos na parcela B (porción sur) do polígono 3 do Plan Parcial de Fontiñas. O obxectivo desta modificación é ceder ese terreo para a futura construción dun centro da terceira idade e para a ampliación do Conservatorio Profesional de Música.