BENESTAR SOCIAL
Santiago contará cun plan estratéxico de servizos sociais para o período 2007-2011
Co fin de intentar prever os escenarios futuros e mellorar a atención á cidadanía, o Concello vai redactar o I Plan Municipal de Servizos Sociais para o período 2007-2011. Trátase dun verdadeiro plan estratéxico nesta materia, cuxa redacción será adxudicada en breve, e que suporá un investimento de 74.000 euros.
EDUCACIÓN
O Concello instalará novos elementos de xogo en cinco parques infantís
A Xunta de Goberno local aprobou os orzamento e o inicio do expediente de contratación para o subministro e instalación de xogos en catro colexios. En concreto, beneficiaranse desta iniciativa os CEIP Vite I, Lamas de Abade, Roxos-Villestro e Rodríguez Xixirei. En total, investiranse máis de 110.00 euros.
PARQUES E XARDÍNS
Obras de limpeza de cunetas e desbroce nas parroquias do Sur
O Goberno local adxudicou as obras limpeza de cunetas e desbroce nas parroquias do sector sur. Esta actuación suporá un investimento de 59.708 euros e teñen un prazo de execución de seis meses. Afectarán a parroquias como Vidán, Conxo, Laraño, Villestro, Figueiras, Marrozos, San Lázaro ou Aríns. Para a realización das obras contratarase un equipo adicional, consistente nunha desbrozadora de brazos, co seu correspondente operario, e nun peón.
FESTAS
Trinta comparsas, oito carrozas e multitude de disfraces inundarán as rúas de Santiago no día grande do Entroido
Xa está todo preparado para que as rúas de Santiago de Compostela vivan o día grande das súas festas carnavaleiras: o martes de Entroido. Trinta comparsas, oito carrozas e multitude de disfraces percorrerán a cidade no tradicional desfile de Entroido. Chega o momento de saír as rúas cos disfraces e deixarse levar pola maxia do Entroido. Ademais, entregaranse máis de 12.000 euros entre as mellores carrozas, comparsas, grupos, parellas e mellor disfraz individual.
ALCALDÍA
Compostela e Santiago de Cali reafirman os seus lazos
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu en Raxoi ao alcalde da cidade colombiana de Santiago Cali, Apolinar Salcedo Caicedo. A xuntanza serviu para reafirmar os lazos de unión entre estas dúas cidades, que levan o nome de Santiago nos seus nomes. Representantes desta vila colombiana xa visitaran Compostela en 1994.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
As asociacións de inmigrantes da cidade celebran a festa do Entroido no Castiñeiriño
O Departamento de Emigración e Inmigración do Concello de Santiago está a organizar unha festa de Antroido para os inmigrantes que residen na cidade.