SEGURIDADE E EDUCACIÓN
Os escolares aprenderán condutas responsables no novo Parque Infantil de Tráfico
Máis de 60 escolares de primaria dos colexios Raíña Fabiola e Xuventude foron os primeiros en disfrutar do novo Parque Infantil de Tráfico, no recinto feiral de Amio. Nestas instalacións desenvolveranse ao longo do mes de febreiro diversas visitas didácticas, que permitirán aos escolares composteláns formarse en educación viaria.
ALCALDÍA
Relevo na Xefatura Local de Tráfico
A xefa local de Tráfico, Ana Martínez, deixa o seu cargo para ocupar novas responsabilidades. Con este motivo, pasou por Raxoi, onde se despediu do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Compostela Activa creará aulas-taller de emprendemento nos centros de FP
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou as actividades do programa Compostela Activa para o 2007, que tamén contempla a creación dunha nova modalidade no Concurso de novas ideas empresariais, destinada a titulados de FP. A iniciativa contará cun orzamento de 120.000 euros e integra todas as accións da Oficina de Promoción Económica relacionadas co apoio á cultura emprendedora e á creación de novas empresas.
FESTAS
O Antroido chega a Santiago cunha gran variedade de actividades para todas as idades
O concelleiro de Festas de Santiago, Xosé Baqueiro, presentou nun ambiente festivo o programa do Antroido 2007. No acto estivo acompañado do autor do meco, José Luis Méndez, por dúas das comparsas máis representativas da cidade, Os conformistas de Conxo e A Ruliña de Laraño e do propio meco, un dos protagonistas destes días que non podía faltar nesta presentación.