SEGURIDADE E EDUCACIÓN
Os escolares composteláns formaranse en educación viaria no novo Parque Infantil de Tráfico
Os concelleiros de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e de Seguridade Cidadá, Xosé Baqueiro, xunto co xefe provincial de Tráfico da Coruña, Pedro Pastor, presentaron o Programa de Seguridade Viaria e na Autoprotección "¿Onde está o perigo?, dirixido aos centros escolares. A iniciativa permitirá, a través de distintas actividades prácticas, educar aos alumnos para que adquiran pautas de conduta que minimicen os riscos diante de calquera emerxencia. A primeira fase desta etapa desenvolverase no novo Parque...
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
O Concello contará cunha unidade de orientación a inmigrantes e emigrantes retornados
O presidente da Mancomunidade de Santiago e alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o secretario xeral de Emigración da Xunta de Galicia, Manuel Luis Rodríguez González, mantiveron unha xuntanza, na que trataron diversas cuestións relacionadas coa atención aos emigrantes e inmigrantes. En particular, asinaron un convenio de colaboración a través do cal se desenvolverán actuacións de información, orientación e inserción socio-laboral para emigrantes retornados e inmigrantes...
ALCALDÍA
Recepción ao xefe provincial de Tráfico
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao xefe provincial de Tráfico da Coruña, Pedro Pastor, quen pasou por Raxoi tamén para presentar unha campaña educativa que se desenvolverá no Parque Infantil de Tráfico.
INFRAESTRUTURAS
Máis de 1,3 millóns de euros para obras de saneamento en Sionlla, Enfesta, Nemenzo e Lavacolla, e de abastecemento de augas en Miramontes
A Xunta de Goberno Local aprobou os proxectos das obras de saneamento e depuración de augas residuais na Sionlla, Enfesta, Nemenzo e Lavacolla (San Paio). Tamén se deu o visto bo ás obras de abastecemento de auga potable en Miramontes, incluídas respectivamente nos planos de saneamento hidrolóxico de Galicia. Estes proxectos suporán un investimento de máis de 1,3 millóns de euros, que achega Augas de Galicia.
DEPORTES
Aprobado o proxecto do novo pavillón polideportivo de Fontiñas
O Goberno local deu o visto bo ao proxecto básico e de execución do novo pavillón polideportivo de Fontiñas, que ascende a 2.450.000 euros. Esta nova dotación deportiva situarase en dous planos de uso: un dende a Avenida de Madrid e outro dende a praza que ensancha a beirarúa da rúa de Lisboa.
EDUCACIÓN E MOCIDADE
Actualízanse as normas de uso dos Locais Municipais de Música para a Mocidade de Compostela
As normas de uso dos Locais Municipais de Música para a Mocidade de Compostela foron actualizadas. O Goberno local deu o visto bo a estas regras e aprobou o orzamento para desenvolver os labores de xestión e mantemento, por un importe de 17.965 euros.
TURISMO
2006 superou ao Ano Santo en consultas turísticas e pernoctacións
No ano 2006, a oficina central de información de Turismo de Santiago recibiu 148.942 consultas turísticas, a metade delas formuladas por visitantes estranxeiros. As cifras do 2006 amosan un comportamento turístico superior ao do ano 2005. O incremento global nas consultas atendidas polo persoal de información turística é dun 25% con respecto ao ano anterior e dun 10% en comparación co último Ano Santo.
URBANISMO
Visto bo á urbanización de Tras Paxonal
Tal como anunciara o alcalde, a Xunta de Goberno aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 14 (SUNP-14) de Tras Paxonal.
TURISMO
Santiago reforzará a súa promoción turística en 2007
Santiago de Compostela reforzará a súa promoción turística no 2007 grazas a varios convenios asinados con Turespaña polos grupos de traballo aos que pertence: o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade Españolas e o Spain Convention Bureau.
CULTURA
Catro mil rapaces asistirán aos concertos didácticos de Ultreia
Dentro do ciclo Concertos Didácticos, o Auditorio de Galicia ofrecerá o martes, día 13 e mércores, 14, en sesión dobre, ás 10:00 e ás 12:00 horas, a actuación do Obradoiro de cultura tradicional Ultreia.