INCENDIOS
O lume queimou unhas 830 hectáreas do municipio en dez días
A unhas 830 hectáreas ascende a superficie queimada ata o momento no municipio, segundo indicou o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo. O balance do pasado fin de semana deixou unhas 150 hectáreas arrasadas nun total de 43 incendios, dos que oito eran novos e o resto reactivacións doutros existentes. En virtude dos cambios meteorolóxicos anunciados, está previsto que se levante o dispositivo de emerxencia o mércores 16.
CULTURA
O Festival d’Gorra enche as rúas de clown, malabares e escapismo
A actuación de Fredi na Quintana, ás 17:30 horas, abre a terceira xornada do Festival d’Gorra. Clown, malabares e escapismo para un novo día cheo de animación nas rúas de Compostela.
CULTURA
Autarquía musical e jazz apaixoado para a segunda xornada de "Feitoamán"
"Feitoamán" engádese á ampla oferta musical da cidade para o mes de agosto. As rúas e prazas da cidade histórica son escenario da actuación de dez formacións ata o 3 de setembro. O evento, organizado pola Concellería de Cultura e pola Asociación Cultural de Cidade Vella, contará o martes 15 coas actuacións dos Fabulosos Cubatas de Fockink Brothers e do Xacobe Martínez Antelo Quinteto.