ALCALDÍA
Sánchez Bugallo comparecerá na Comisión do Estatuto
Este xoves día 8 de xuño ás 11.50 horas, o alcalde compostelán exporá as súas achegas ao novo texto.
REHABILITACIÓN
Presentado aos veciños o Plan de Rehabilitación na Pontepedriña
Os veciños das vivendas do Grupo Compostela e Cardenal Quiroga tiveron na tarde de onte a oportunidade de coñecer os detalles do Plan de rehabilitación integral que xa se presentou na Consellería de Vivenda e Solo e no Ministerio de Vivenda. O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o técnico da entidade que realizou o estudo explicaron o proxecto e atenderon as preguntas dos propietarios das vivendas que serán rehabilitadas.
EDUCACIÓN
Viaxes, educación ambiental e solidariedade na oferta de tempo libre para o verán
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presentou a súa oferta de tempo libre para o verán do seu departamento. As actividades permitirán aos mozos viaxar ata Barcelona ou Arbo, e participar no programa de acollida de nenos e nenas sahararuís.
BENESTAR SOCIAL
Santiago e Cabo Verde achegan as súas voces para promover a igualdade de xéneros
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade inicia no mes de xuño unha campaña de sensibilización arredor dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio. A campaña arrincará en Santiago o 8 de xuño, co terceiro Obxectivo: "Promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller", que será exposto e analizado nunha conferencia.