PROMOCIÓN ECONÓMICA
Innovar para vender
O concurso I+C (Innovación máis Comercio) premiará a aquel establecemento comercial da cidade que máis destaque pola súa orixinalidade, ambientación, eficacia e innovación na visualización da súa oferta. Esta iniciativa, presentada polo concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, quere contribuír a seguir optimizando a imaxe do comercio compostelán.
SEGURIDADE CIDADÁ
O departamento de Seguridade publica as normas para as fogueiras de San Xoán
As cacharelas da noite do 23 de xuño terán que ter unha separación mínima de 12 metros respecto a edificios e árbores, e o seu volume de combustible non poderá superar nin os 8 metros de perímetros nin os tres de altura. Estas son algunhas das normas de obrigado cumprimento que, como cada ano, impón o departamento de Seguridade Cidadá do Concello de Santiago para aqueles grupos, asociacións ou colectivos que queiran organizar as tradicionais fogueiras na noite do 23 de xuño.
EDUCACIÓN
Os gañadores do programa didáctico "Coñecer as Cidades Patrimonio" viaxan a San Cristóbal de La Laguna
O grupo gañador da quinta edición do programa didáctico "Coñecer as cidades Patrimonio" , pertencente ao IES Rosalía de Castro, viaxa o mércores 7 á localidade canaria de San Cristóbal de La Laguna. Os alumnos e alumnas participarán nun programa cultural xunto co resto dos grupos gañadores do resto das cidades patrimonio da humanidade de España.