EDUCACIÓN E MOCIDADE
Chega a VI Campaña de Animación á Lectura
Baixo o lema "Un, dous, tres…que les?" chega a Compostela a nova Campaña de Animación á Lectura que promove o Departamento de Educación e Mocidade e Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos, onde foi presentada.
BENESTAR SOCIAL
Cambiar a percepción social da comunidade xitana, obxectivo da segunda fase da campaña da Fundación Secretariado Xitano
A Fundación Secretariado Xitano lanza a segunda fase da campaña "Coñéceos antes de xulgalos". Tras cumprir un ano da súa posta en marcha, a segunda fase fai fincapé dos prexuizos individuais de cada persoa que conforma o tecido social. Baixo o lema "Os teus prexuicios son as voces de outros", o Centro Sociocultural das Fontiñas acollerá a presentación desta segunda fase o martes 4 de abril.
TRANSPORTE
O Concello asina un contrato con Aucasa
O Concello asina un contrato con Autos Carballo (Aucasa) para a xestión do servizo da liña de transporte colectivo urbano de viaxeiros que comunique o centro de Santiago con A Peregrina e con extensións a Ponte Alvar.