ALCALDÍA
Compostela e Barcelona estreitan lazos coa inauguración da nova avenida dedicada á Cidade Condal
Os alcaldes de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, e Barcelona, Jordi Hereu i Boher, inauguraron esta mañá a Avenida de Barcelona. O acto serviu para reafirmar a unión e amizade entre estas dúas cidades, irmandadas dende 1970.
URBANISMO
As obras de urbanización nas Cancelas poderán comezar en xaneiro
A Xunta de Goberno local aprobou definitivamente o proxecto de urbanización do solo urbanizable non programado número 4 (SUNP-4), do Camiño Francés. Deste xeito, dáse un impulso definitivo á superficie na que irá o novo centro comercial das Cancelas. Tal como anunciou o alcalde días atrás, as obras poderán comezar en xaneiro.
INFRAESTRUTURAS
Os lugares de Torre e Igrexa (A Sionlla) únense á rede pública de auga potable
O Concello investirá 59.835 euros na construción da rede de abastecemento de auga potable para os lugares de Torre e Igrexa (A Sionlla). O Goberno local aprobou o inicio do expediente de contratación destas obras, que teñen un prazo de execución de tres meses.
BENESTAR SOCIAL
Compostela contará cun equipo de inclusión sociolaboral
O Concello e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar colaborarán na contratación e posta en marcha dun equipo de inclusión sociolaboral en 2007, no marco do II Plan Galego de Inclusión Social. Será posible en virtude dun convenio de colaboración entre as dúas institucións, cuxa sinatura recibiu o visto bo da Xunta de Goberno. A Vicepresidencia achegará 132.000 euros para esta fin.
TURISMO
Santiago consolídase en cinco anos coma un destino turístico de primeira orde
O Hostal dos Reis Católicos, acolleu a presentación da memoria das actuacións realizadas no marco do Plan de Excelencia Turística (PET) entre 2001 e 2005 para mellorar a accesibilidade da cidade, os seus servizos e espazos turísticos e de lecer, a súa notoriedade internacional, a calidade e profesionalidade do sector e a sensibilidade local cara ao turismo.
SEGURIDADE
Cincuenta axentes da Policía Local fórmanse en dereito procesal penal
O alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugurou, xunto á directora xeral de Interior da Xunta de Galicia, Isabel Gil; o xefe o corpo da Policía Local, Norberto Villaberde; a profesora titular de dereito procesal da USC, Raquel Castillejo; e o profesor da universidade Carlos III, Víctor Moreno, un curso sobre dereito procesal e penal dirixido ao corpo de policías locais de Santiago de Compostela.