EDUCACIÓN
Porto do Son triunfa nos premios "Educacompostela"
O Salón Nobre da Casa do Concello acolleu a entrega de premios da IV edición de "Educacompostela". O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, presidiron este acto, no que o gran triunfador foi o municipio de Porto do Son, xa que dous dos seus centros levaron os dous primeiros galardóns.
URBANISMO
Aprobada a urbanización da segunda fase do polígono residencial de Cornes
A urbanización da segunda fase do polígono residencial de Cornes comezará en breve, trala aprobación pola Xunta de Goberno do proxecto. O documento ratificado incorpora as modificacións solicitadas na aprobación inicial e define as conexións coa rúa García Prieto e outros vieiros como o Antonio Fraguas, O Penedo ou a Avenida de Vilagarcía.
INFRAESTRUTURAS
Máis de 660.000 euros para obras e servizos en 2007
A Xunta de Goberno local aprobou o Plan de Obras e Servizos 2007 da Deputación Provincial da Coruña. Este programa suporá o investimento de 661.644 euros en diversas obras en estradas e na rede de abastecemento a executar no vindeiro exercicio.
MEDIO AMBIENTE
Iníciase un procedemento sancionador contra a papeleira de Brandía polos vertidos de augas residuais
A proposta da concelleira de Medio Ambiente, Marta Álvarez-Santullano, o Concello vai iniciar un procedemento sancionador contra a papeleira de Brandía, por presunta infracción en materia de augas residuais en cauce público.
DEPORTES
O Club Baloncesto Rosalía de Castro recibirá 150.000 euros para as súas actividades deportivas
Co fin de colaborar co desenvolvemento do deporte na cidade, a Xunta de Goberno local aprobou a sinatura do Convenio entre o Concello e o Club Baloncesto Rosalía de Castro. En virtude do mesmo, a entidade recibirá 150.000 euros.
ALCALDÍA
O alcalde inaugura a nova sede do Consulado Xeral de Cuba en Galicia
Xosé A. Sánchez Bugallo e Alberto Velazco, embaixador de Cuba en España, inauguraron o novo edificio do Consulado do país caribeño en Galicia co descubrimento dunha placa. No acto tamén estivo presente a cónsul xeral de Cuba en Galicia, Asturias e Cantabria, María Sánchez, que aproveitou a ocasión para salientar a boa relación que desde o consulado se mantén co Concello de Santiago.
ALCALDÍA
Mellor atención sanitaria para os composteláns residentes en Arxentina
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo recibiu en Raxoi ao superintendente de Saúde de Arxentina, Héctor Capaccioli, co que falou da atención sanitaria dos residentes composteláns neste país.