ALCALDÍA
Elena Espinosa visita a Casa do Concello
A ministra de Agricultura, Pesca e Alimentación, Elena Espinosa, asinou o luns 19 de setembro no Libro de Ouro da Cidade.
MULLER
A inserción de prostitutas na sociedade, meta do programa Vagalume
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, e José Montes, presidente de Cáritas Diocesana de Santiago, asinaron un convenio para poñer en marcha o programa Vagalume, que busca a inserción na sociedade de mulleres que se adican á prostitución. O Concello, que leva colaborando con esta institución varios anos, achega 20.000 euros.
EMIGRACIÓN E INMIGRACIÓN
As Xornadas de Cultura Uruguaia traerán candombe e murgas a Compostela
As xornadas, abertas aos composteláns de todas as idades, inclúen conferencias, concertos, danza e unha mostra do folcklor uruguaio, achegando á sociedade galega unha mostra das diferentes facetas culturais de Uruguai. Están organizadas polo Consultado Xeral de Urugai, o Concello de Santiago e a Asociación de Uruguaios en Compostela.