CULTURA
O Rei do Raï chega a Compostela para presentar o seu último traballo
O músico alxerino Khaled, coñecido como o rei da música raï, chega o sábado 24 ás 21:00 horas ao Auditorio de Galicia para presentar o seu último traballo, Ya Ravi, dentro da cuarta edición do Ciclo Sons da Diversidade. Os interesados poderán adquirir as entradas a un prezo de 15 euros, cun desconto do 50 por cento para estudantes e persoas xubiladas, nos despachos de billetes ata media hora antes do comezo ou ben a través das oficinas de Caixa Galicia.
SERVIZOS BÁSICOS
Compostela, premiada pola súa xestión da auga
O concelleiro de Infraestruturas e Servizos Básicos, Bernardino Rama, recolleu en Barcelona o premio Aquacivit 2007, nun acto celebrado nas torre Agbar. Este galardón recoñece a optimización dos materiais empregados nas redes interiores e nas redes de distribución de auga potable para a obtención dunha óptima calidade da auga.
REHABILITACIÓN
O Casco Histórico inverte a súa tendencia demográfica con máis poboación e de menor idade
En febreiro de 2007 habitaban o Casco Histórico compostelán 4.055 persoas, fronte ás 3.900 de 2004, o que supón inverter a tendencia de décadas de diminución da poboación nesta área da cidade. Ademais, constátase que os seus habitantes son cada vez máis novos, o que augura a continuidade desta tendencia.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Os nenos adquirirán hábitos de consumo en "Aprende mercando"
O concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, presentou "Aprende mercando", unha das actividades do programa "Marzo, mes do comercio". Trátase dun proxecto educativo para iniciar aos máis pequenos no consumo responsable e en roles educativos vinculados ao acto de compra.
ALCALDÍA
O intendente de Canelones (Uruguai) interésase polas políticas de rehabilitación de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, achegouse ao municipio uruguaio de Canelones, para departir co seu intendente, Marcos Carámbula. Bugallo e Carámbula falaron sobre as diferenzas de xestión que hai entre a capital galega e do que é o segundo departamento máis grande de Uruguai, despois de Montevideo, en número de habitantes e en extensión, no que predomina o cultivo agrícola como fonte de ingresos. Os fundadores deste concello, no que viven arredor de 500.000 persoas, foron os canarios, e aínda que logo...
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Recoñecemento en Raxoi aos comerciantes composteláns
O alcalde en funcións, Néstor Rego, e o concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, ofreceron hoxe unha recepción aos representantes dos seis estabelecementos que serán homenaxeados na II Gala do Comercio, "Compostela capital de compras", que se celebrará o 30 de marzo no Auditorio de Galicia. A gala, enmarcada no programa de dinamización comercial "Marzo, mes do comercio" é aberta ao público. Os interesados pódense inscribir na páxina web da...
EDUCACIÓN
Continúa o Programa de concertos didácticos de música tradicional
Un grupo de alumnos do CEIP Apóstolo Santiago e do IES Arcebispo Xelmírez II participaron en dúas novas sesións do Programa de concertos didácticos de música tradicional. Esta iniciativa da Concellaría de Educación e Mocidade segue a levar a tradición musical galega aos centros de ensino da cidade.
AUDITORIO
A Orquestra Filharmónica Frankfurt-Oder ofrece no Auditorio de Galicia un concerto dedicado á música do Romanticismo
A Orquestra Filharmónica de Frankfurt-Oder, acompañada da violinista Katrin Scholz e baixo a dirección de Michael Sanderling ofrecerá un concerto no Auditorio de Galicia dentro da xira que realizan por España.
ALCALDÍA
O alcalde sinala que é "unha obriga" atender aos emigrantes de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu a cualificación de Visitante Ilustre por parte do concejo deliberante do concello de Vicente López, onde viven arredor de setenta emigrantes ou fillos de emigrantes composteláns.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Éxito de asistencia de "Outlet Compostela"
Un total de 15.624 persoas visitou a primeira feira de saldos que se celebrou en Santiago, "Outlet Compostela", organizada pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio e pola Concellaría de Cultura no marco do programa de dinamización comercial "Marzo, mes do comercio". A feira tivo lugar o 17 e 18 de marzo no recinto feiral de Amio.