TRANSPORTES
Un día para ir gratis no autobús
Os composteláns que o desexen poderán viaxar por un día no autobús urbano de xeito gratuíto. Será o venres 22 de setembro, con motivo da celebración do Día sen Coches. Unha oportunidade para deixar o coche na casa e coñecer de primeira man este servizo de transporte.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música contará cunha orquestra e cun coro propios
A Escola Municipal de Música, ubicada no Colexio Santiago Apóstolo, comeza un novo curso. Un total de 215 rapazas e rapaces están xa matriculados para esta tempada, que trae varias novidades, como a creación dunha orquestra e dun coro propios no centro, que serán presentados no concerto de Nadal. Este coro estará composto por 25 adultos e 50 nenos e nenas.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Representantes de oito países latinoamericanos participarán nunha rolda de negocios con empresarios composteláns e galegos
Santiago de Compostela acollerá entre o luns 25 e o mércores 27 de setembro unha rolda de negocios na que participarán representantes de empresas galegas e latinoamericanas. Os dous primeiros días o encontro estará reservado para as empresas de Santiago, mentres que o día 27 ampliarase ao resto de Galicia.
CULTURA
Sons do Brasil no Principal con Lilian França e Sergio Tannus
Logo dun encontro en Niterói (Río de Janeiro) en abril deste ano, o grupo galego Narf e o dúo formado por Lilian França e Sergio Tannus comezaron a traballar nesta posible colaboración que agora se fai realidade. As citas son o sábado 23 e o domingo 24 no Teatro Principal a partir das 21:00 horas, cun prezo de entrada de cinco euros.
FURACÁN
O temporal deixa escasos danos materiais en Santiago
Os restos do furacán Gordon chegaron a Santiago moito máis debilitados do que nun inicio se prevía, polo que, tralo seu paso, o balance sáldase con escasos danos materiais. O incidente máis importante tivo lugar en San Marcos, onde se rexistrou un incendio que foi rapidamente extinguido polos bombeiros. No resto do municipio, os efectos do temporal redúcense á caída de árbores, de tellas e dalgunha sinal de tráfico.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
Continúan as actividades da Semana Cultural da Rocha
Son xa dúas xornadas de actividades da II Semana Cultural da Rocha, que se prolongará ata o sábado 23. Esta edición o evento dedica unha sentida homenaxe a Luciano García Alén e toma como un dos seus referentes o ferrocarril.
CONSORCIO
A Real Filharmonía pecha a súa xira en Bos Aires cun dos concertos de máis eco internacional da súa súa historia
O Teatro Coliseo de Bos Aires encheu o seu aforo de 1.700 localidades para acoller o último concerto da Real Filharmonía de Galicia, incluido na xira iniciada en Sao Paulo o 11 de setembro.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Centro de Formación Ocupacional Sanxúas (Aríns) amosa o traballo dos seus obradoiros e cursos
O Centro de Formación Ocupacional Sanxuás, de Aríns, xestionado pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego, recibiu unha visita institucional na que participaron o director xeral de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, e a delegada provincial da Consellería de Traballo na provincia da Coruña, María Debén. Ademais do percorrido polas instalacións, ámbolos responsables mantiveron unha xuntanza co persoal técnico e os formadores das diferentes liñas de actuación da...
TEMPORAL
O Concello chama á tranquilidade ante o temporal e pon en marcha un operativo de prevención por se fose necesario
As previsión meteorolóxicas iniciais sobre a intensidade do furacán Gordon víronse reducidas nas últimas horas, polo que en Santiago os ventos non superarán os 47 quilómetros por hora. As autoridades municipais chaman á calma e á tranquilidade dos cidadáns porque non se espera que este temporal sexa especialmente virulento. De tódolos xeitos, o Concello vén de pór un marcha un dispositivo de prevención, integrado por 100 persoas, para atallar calquera problema que poida causar a tormenta.
CURTOCIRCUÍTO
A penúltima proxección na rúa de CurtoCircuíto traerá á Praza de Abastos o mellor da videocreación internacional
A que xa é a penúltima proxección de CurtoCircuíto na Rúa terá lugar nun xoves máis na Praza de Abastos. Alí, a partir das 23:00 horas, poderán verse as mellores curtas de videocreación, enviadas a CurtoCircuíto dende todas as partes do mundo.