CONSORCIO
Unha nova publicación recupera a produción bibliográfica compostelá entre 1501 e 1553
Nun acto celebrado na Biblioteca Pública "Ánxel Casal", o alcalde e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou un volume sobre a produción e comercio do libro en Santiago no século XVI realizado por Benito Rial. Esta publicación recupera a produción e distribución bibliográfica compostelá entre 1501 e 1553
BENESTAR SOCIAL E MULLER
Dous alumnos do San Xosé de Cluny fanse cos premios do Concurso sobre corresponsabilidade familiar
Ángel Jorge Iglesias e José Manuel Vigo Cacheda, ambos do Colexio San Xosé de Cluny, fixéronse cos dous primeiros premios, respectivamente, do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas, convocado pola Concellería de Benestar Social e Muller. O fallo do xurado fíxose público nun acto celebrado no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, ao que asistiu a concelleira Mar Martín.
ALCALDÍA
Os nenos foron xornalistas e concelleiros por un día
Dentro dos actos programados con motivo da Xornada de portas abertas, o Concello acolleu uns particulares e miúdos protagonistas, os nenos, que fixeron de improvisados xornalistas primeiro, e de comprometidos concelleiros despois, nun concorrido Pleno infantil.
CONSORCIO
Unha oportunidade para coñecer a cidade a través da literatura infantil
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou os libros infantís A rebelión das rúas, de Ana Boullón e Pere Tobaruela, e Hora de comer, de Miguel Vila. Son os números 3 e 4 da colección Branco de Cores, que coedita o Consorcio con Sotelo Blanco. Ambos están ilustrados por Andrés Meixide.
REHABILITACIÓN
Rehabilitación avanza no proceso de execución da ARI de Vista Alegre
A Concellaría de Rehabilitación e Cidade Histórica encargou xa o proxecto de derruba das terrazas do primeiro conxunto de edificios en Vista Alegre. Esta acción enmarcase dentro das actuacións de rehabilitación previstas para o desenvolvemento da ARI do barrio.
EDUCACIÓN
Máis de 250 rapaces xuntaron as súas pezas para pedir unha educación de calidade e sen exclusións
A praza da Quintana acolleu o acto central en Santiago da Semana de Acción Mundial pola Educación, que se celebra do 21 ao 27 de abril. Máis de 250 rapaces participaron un acto no que uniron as pezas dun particular puzzle para compoñer o lema da campaña "Superemos a exclusión. ¡Calidade na educación!".
BENESTAR SOCIAL
Entréganse os premios do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas
O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá o xoves 24 de abril, ás 11:15 horas, a entrega de premios do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas, convocado pola Concellería de Benestar Social e Muller. Este é un certame dirixido a alumnos do primeiro ciclo da ESO e pretende que reflexionen sobre o reparto de tarefas no fogar.
MOCIDADE
Mocidade presenta na Capitol o certame "Músicaxove´08", coa música dos galegos Triángulo de Amor Bizarro e Nadadora
A Concellaría de Mocidade presenta o I Certame Músicaxove’08. MÚSICAXOVE´08. A cita será o xoves 24, ás 22:00 horas, na Sala Capitol, e contará coa colaboración do coñecido locutor dos 40 Principais de Compostela Gabi Davila. No concerto participarán dous grupos galegos xa recoñecidos no panorama musical español, como son Triángulo de Amor Bizarro e Nadadora.
CULTURA
O humorista Rober Bodegas presenta os seus monólogos no Teatro Principal
O carballés Rober Bodegas constitúe unha das figuras con maior proxección do humor galego. O xoves 24 de abril presentará os seus monólogos no Teatro Principal ás 21:00 h. O espectáculo está organizado pola Concellaría de Cultura.
ALCALDÍA
O Consello Económico e Social únese ao entusiasmo pola presenza de Compostela en Shanghai 2010
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reuniuse cos membros do Consello Económico e Social para explicar e intercambiar pareceres sobre a presenza de Santiago de Compostela na Expo Shanghai 2010.